martes, 8 de mayo de 2012

NOVOS ÉXITOS ESTA VEZ NA POPULAR DE O PINO

Este pasado sábado celebrouse na localidade de O Pino a IX edición súa Carreira Pedestre Popular, onde participaron uns 900 atletas, e entre eles varios dos nosos veciños, que unha vez máis sorprenderon a todos polos excelentes éxitos acadados.


Así na proba de 8100 metros Jorge Crespo Arias , foi 4º na xeral, e 1º senior, cun tempo de 26:59 a tan so 1:30 do gañador da proba Robertas Geralavicius .

Na categoría Benxamín-Alevín esta vez sería Martín Darriba Crespo, que se faría coa victoria logo de percorrer os 850 metros nuntempo de 2:57.

En infantíl feminino sobre a distancia de 1928 metros Lucía Suarez Crespo, deixaba o crono en 7:27, acadando así o primeiro posto.

Na proba de Cadetes-Xuvenís, e logo de percorrelos 3186 metros da mesma, os nosos representantes tamén se fiseron cos primeiros postos. Foi 1º na xeral Yousef Kouaoa, cun tempo de 11:05. Terceiro na xeral e 2º na categoría Xuveníl foi David Ardións Gómez, cun tempo de 12:04. Cuarto na xeral e 2º Cadete para Adrián Freire Gil cun crono de 12:09. Finalmente Xoán Vieites Cajuso rematou no posto 14 da xeral e como 7º da categoría cadete cun tempo de 14:51.

Noraboa a todos e gracias por seguir deixando o listón tan alto.

No hay comentarios :