lunes, 2 de abril de 2012

Negreira Veteranos 2 - 3 Maderas Ramos

Partido xogado no municipal de Cepelo ante o Maderas Ramos e que servíu para confirmar o retorno ao abismo logo dunhas xornadas de falsa intranquilidade dado o apretado da clasificación da metade inferior da táboa.
Unha vez máis sucumbimos ante un equipo xusto de efectivos e que, ao igual que ocorreu na primeira volta, fixo ben pouco para levar os tres puntos pero que contou cunha inefable colaboración, a nosa, para levar os tres puntos.
Como xa ocorrera en anteriores partidos adiantámonos no partido cun gol de Fermín que con éste aúpase á táboa de goleadores por dereito propio. O gol foi moito da marca de Fermín, disparo con garra dende a lateral da área e que debeu ser secundado por un segundo tiro que finalmente acabaría no fondo das mallas.
A nivel defensivo o partido estivo razonablemente controlado na primeira parte salvo polo que atinxe ao primeiro gol visitante que foi obra de Boquete quen rompeu a liña de fora de xogo. Nesta primeira parte contabilizaríanse ata catro ocasións claras de gol ao noso favor, unha delas con remate doble de Basante II de cabeza e de Mario a bocajarro que o porteiro Julio atallou non sen certa fortuna.
A conxura do descanso consistía en seguir na mesma liña para tentar rematar o partido pero aos vinte minutos démonos de bruces coa cruda realidade pois para entón o Maderas xa se puxera 1 – 3 gracias a dous contraataques finalizados por Gelucho.
Esta situación menguou os nosos ánimos e provocou que a nova consigna fora queimar todas as naves no empeño de sacara adiante o partido. Tanto Couso pola esquerda coma Moreno e Nando pola dereita atacaron os flancos do rival e os balóns eran colgados na área aínda que non en condicións optimas de ser rematados con garantías.
Cando faltaban quince minutos para o final dúas xogadas puntuais poideron cambiar o signo do partido. Nunha delas Nando recibíu un balón nos límites da área grande e foi obxecto de penalti que Mario se encargaría de materializar. Este gol deunos folgos e o Maderas, para entón en cuadro trala expulsión de Schuster, decidiu controlar o tempo do partido, nalgúns momentos incluso ao límite da amarela. Calquera parada do xogo era unha oportunidade única para arañar segundos e incluso minutos ao reloxio que, para nós, corría inexorablemente.
Nestas estabamos cando Fermín foi obxecto dun novo penalti e que, ao igual que o anterior, foi moi discutido polo equipo rival. Mario tentouno de novo pero esta vez o balón marchou por riba do longueiro e con él as nosas aspiracións no partido. Os últimos coletazos non foron senón os estertores de quen xa non é dono do seu destino.
Tras este resultado a clasificación pola parte baixa aprétase e, a falta de seis partidos para o remate da liga, ningunha das prazas de descenso está aínda adxudicada. No noso caso tan só un punto separa o inferno da salvación así que temos asegurada, non só unha, senón seis semanas de pasión ata o remate da temporada. Chegados a este punto tan so queda rezar, polo menos para os crentes, ou ben recorrer á cabalística esperando que o esoterismo dos números nos sexan favorables nas vindeiras xornadas.

1 comentario :

el n° 6 dijo...

Ahora es cuando la raza y el orgullo de los jugadores tiene que aflorar,hay equipo para no pasar apuros pero hay que apretar todos los dientes,empezando x el proximo partido animo,que en peores nos vimos!!