lunes, 30 de abril de 2012

ESTRADENSE 4 - NEGREIRA 1

O Estradense agárrase a Terceira cunha goleada
O que se presentaba como o partido máis tenso da tempada, acabou converténdose no máis plácido. O Estradense agárrase máis ás súas opcións de salvación tras protagonizar fronte ao Negreira a súa maior goleada do curso. Os pupilos de Ton Insua, a pesar das ausencias -incluída a do seu referente ofensivo, Changui, lesionado- arroiaron ao cadro de Julián Ferreiro, e o marcador así o reflectiu.
Sen tempo para que os afeccionados se acomodasen na bancada chegou a primeira xogada clave do partido. Aos 45 segundos Munín cometía un penalti sobre Vicente que Adao executou sen éxito. O meta Albor abortaba o gol e botaba sobre o Estradense un xerro de auga fría.
Como a urxencia era máxima, os locais non gardaron duelo pola ocasión fallada e puxeron intensidade no choque. Os compases iniciais foron trepidantes con constantes chegadas por parte de ambos os equipos. No minuto 7 Pajarillo fixo un paradón na primeira gran opción do Negreira ao deter un balón que, tras estrellarese contra o pau, Dani Méndez enganchou a escasos metros do meta. García foi o autor dun disparo afastado que Albor salvou como puido, e que respondía á anterior ocasión visitante.
Cos dous equipos enchufadísimos, aínda que cos nervios a flor de pel que se traducían nalgunhas imprecisións, chegouse ao minuto 24. Adao quixo compensar o erro do seu penalti e asinou un golazo tras regatear, bicicleta incluída, a dous defensas do Negreira. O Estradense adiantábase. E con dedicatoria do gol para Makelele.
O tanto local non descompuxo ao Negreira, que a balón buscou o empate. Rendo puxo unha falta que se foi por encima do traveseiro metendo o medo no corpo aos locais. Uns minutos despois, no 34, chegaba a nota negativa da xornada. García lesionábase e tiña que abandonar o campo polo aire. O xogador sufriu un fortísimo escordadura de xeonllo e foi levado en ambulancia ata o centro médico.
A pesar do revés, o Estradense seguiu centrándose só no seu traballo, e chegou o segundo gol da tarde. Rico executaba un lanzamento afastado que rexeitaba Albor e que Manuti enganchaba para pór o 2-0.
A segunda parte foi menos vistosa que a primeira, pero igual de intensa. O Negreira puido recortar nun tiro cruzado de Adán, pero que se foi cerca do segundo pau. A resposta local chegou en forma de gol. Pepe Rico puxo un perfecto saque de esquina que Pablo se encargou de rematar de cabeza no minuto 63. Era o 3-0, e resolvía o encontro.
Houbo tempo para algún tiro afastado visitante e para ver a un Estradense inspirado en ataque con Diego e Pablo como protagonistas. Foi este último o que anotou o cuarto tras unha xogada brillante. Pase en profundidade de Matías, cesión de Adao e gol de Pablo. O Estradense gustábase e ata perdoou algunha ocasión máis.
No 89 o Negreira, por medio de Roberto, despedíase marcando o gol da honra.
Goles: 1-0 min 24 Adao, 2-0 min 38 Manuti; 3-0 min 63 Pablo, 4-0 min 81 Pablo; 4-1 min 89 Roberto
Árbitro: García Villaverde. Amoestou ao local Manuti e aos visitantes Torres e Munín.
Incidencias: Uns 350 afeccionados apostáronse nas bancadas da Baiuca.

Pajarillo, Manuti, Borja, García (Brais, min 36), Vicente (Matías, min 61), Rico (Martín, min 74), Adao, Pablo, Diego Rei, Martín Barreiro, Marcos
Albor, Torres, Rendo, Munín (Roberto, min 72), Diego (Chava, min 56), Nacho, Peloto, Gonzalo (Óscar Vidal, min 46), Dani Méndez, Juan, Adán
FONTE. lavozdegalicia.es (Edición do Deza)

No hay comentarios :