sábado, 14 de abril de 2012

CAMPIÓNS INTECOMARCAIS

O Campionato Intercomarcal de fútbol sala nas categorías de Benxamíns, Alevíns e Infantís, do programa Xogade (Xogos deportivos en idade escolar) da tempada 2011-2012 , organizado pola Agrupación Deportiva "As Rías" , ven de celebrarse este sábado en Noia . O redor duns 150 rapaces dos concellos de Noia, Cee, Dodro, Carnota, Muros, Esteiro, Pobra e Negreira , todos eles representando como campións as suas respectivas comarcas (comarca de Noia, comarca do Barbanza, comarca Costa-Fisterra e comarca Barcala-Xallas-Muros) reunironse na vila noiesa nunha xornada de confraternización deportiva da cal sairía en cada categoría o campión e representante da zona para disputar o vindeiro 12 de Maio o Campionato Provincial , que reunirá ós catro mellores conxuntos da provincia na cidade de A Coruña.
No tocante ós conxuntos do noso concello, tiñamos representación nas categorias Benxamín e Alevín acadando o campionato en ambas.
En Benxamíns nas semifinais enfrontaronse o conxunto das Escolas Deportivas Municipais de Cee, campión da zona Costa-Fisterra . Nun encontro moi intenso e cun moi bo rival, ante o cal lograron impoñerse finalmente por un apretado 4 a 3 . Pasando a disputala final co conxunto do Noia F.S. que se desfisera con certa claridade do equipo de Dodro logo de gañar por 10 tantos a cero . Xa na final logo dun inicio "titubeante" , onde se viron por detrás no marcador nos primeiros dez minutos, foron quen de darlle a volta ó tanteador en cinco minutos electrizantes , conquerindo xa unha ventaxe que sería imposible de remontar polos noies e coa que se chegaría ó descanso , con todo ilo a segunda parte xa sería un puro trámite rematando o encontro co 4 a 14 final para os de Negreira.
Os Alevíns tiveron unha semifinal tamén moi apretada co Carnota, equipo que fiso esfumar a ventaxe de 4 a 1 que tiñán os nosos, para rematalo encontro co resultado de 4 a 4, o que facía que se fose a decidilo gañador na sorte dos penaltis, e aquí os nosos contaron coa gran actuación de Martín que foi que de paralos dous lanzamentos, mentrás que Rodri e Darriba si acertaban a marcar para os de Negreira, metendose así na Gran Final. Esta sería ó igual que en Benxamíns contra o conxunto de Noia F.S. o que lograrían impoñerse nun emocionante partido por 1 a 6.
Remata pois esta fase Intercomarcal con dous campionatos en benxamíns e alevíns e un subcampionato en infantíl feminino, dende aquí felicitalos e decirlles que sigan disfrutando do deporte como o fan tódolos dias, xunto cos seus pais os cales en todo momento os animaron, sufriron e se emocionaron con eles , agora quedalles o premio do Provincial, algo que a bo seguro sempre recordarán, ¡NORABOA A TODOS!.

No hay comentarios :