lunes, 19 de marzo de 2012

Hermanos Couto 2 - 1 Negreira Veteranos

Partido disputado no municipal de Forte en Boqueixón ante o Hermanos Couto, un clasico desta categoría. Lamentablemente este partido no pasará á historia pola calidade do fútbol desplegado nin pola singularidade dos goles senón por outros feitos que pouco ten que ver con este deporte que tantas pasións levanta. Pero os feitos aos que me refiro acaeceron xa preto do final do partido e ata ese momento houbo outro tipo de emocións e, no noso caso, pasamos de ter o partido gañado a perdelo por erros propios engadido dunha certa dose de mala sorte.
De entrada partíamos cun equipo limitado de efectivos pois tan só existían dous cambios e un deles, Capi, non puido finalmente participar por atoparse aínda eivado dun lance do partido anterior co Tordoia. Aínda sí con todos estes condicionantes, na primeira parte fixemos un partido moi serio tanto en defensa como en ataque onde as internadas de Couso e os apoios de Fermín fixeron moito dano ao Boqueixón. Nunha desas internadas chegaría o noso gol que poñería contra as cordas ao equipo local e que faría que chegáramos ao descando con vantaxe no marcador.
No descanso falamos de seguir intensificando o control de balón e tentar acadar un segundo gol que nos traería un pouco de tranquilidade aínda que tamén sabíamos do baixón físico que últimamente nos está a acontecer nas segundas metades.
Nos quince primeiros minutos seguíu a mesma tónica cun Nando como director de xogo e con Sergio e Moreno moi activos polas bandas. Mario fixo un papel moi importante de apoio nas xogadas de ataque protagonizadas por Alijo e Nando pero que ningúen era capaz de materializar. E nesto chegou o primeiro gol do Boqueixón tras un roubo de balón no medio do campo no que Juán non puido facer nada. Este gol rebaixou un pouco os nosos ánimos pero non fixo que baixáramos os brazos.
Chegados a este punto comezaron certos piques protagonizados por Santi e polo xogador local portador do número 5, sobre todo nos córners defendidos polos locais. Tras este primeiro gol, a nosa dinámica foi a mesma pero tamén co mesmo resultado. Fermín tivo ata tres ocasións nas que o balón colleu unha excesiva altura e que finalmente saíron desviados por riba do longueiro local.
Cando a igualdade era máxima, un córner botado polos locais foi rematado, con certa fortuna pero tamén con gran beleza, de chilena nun espléndido gol no que Juán pouco puido facer.
Este gol incrementou a frustración no noso equipo que veía como se podía escapar una moi boa oportunidade de sumar tres puntos. Tamén fixo aumentar o nerviosismo, e os piques na área local intensificáronse. E nunha destas xogadas aconteceu a reacción química adecuada para que o que nunca se debe ver nun campo de fútbol, sucedera. Non me atrevería a imputar o inicio da trifulca a ninguén en particular pero a actitude do defensa local non axudou moito, iso dende logo. En menos de dez segundos pasamos de xogar un partido de fútbol a presenciar un auténtico combate de full contact protagonizado por un reducido numero de xogadores onde a única premisa era dar más que o rival. Resulta difícil explicar con detalle o acontecido pero para facerse unha idea atreveríame a dicir que o impacto máis benévolo foi o efectuado co xeonllo á altura da cara do inimigo.
Neste escenario algúns adicámonos a tentar separar aos contrincantes cal combate de boxeo. A todo isto hai que o árbitro asistíu a este episodio con auténtica pasividade obviando en todo momento a gravidade da situación. Persoalmente debo dicir que na miña dilatada vida futbolística non logro lembrar unha situación similar.
Estos feitos aconteceron nos minutos finais do partido e remataron (¿?) con dúas expulsións, unha por equipo, e cunha última oportunidade para nós en forma de saque de esquina.
Nese momento ninguén era capaz de imaxinar o que aínda estaba por vir. O córner foi botado por Nando e a piques estivo de convertirse no empate do partido. Tras este gol o árbitro decretou o final do encontro e a atención trasladouse, case simultáneamente, á altura no noso banquiño onde novamente se encederon os ánimos, protagonizados neste caso polo defensa local expulsado que non considerou oportuno ir á ducha sen antes montar un novo follón, creo que aínda peor que protagonizado no partido. Os golpes comezaron a sucederse novamente de forma violenta de tal xeito que o número de efectivos participantes se incrementou de xeito exponencial en cousa de quince segundos. Para entón teño a impresión que o xogador local xa estaba arrepentido de non estar na ducha.
Coido que nestes momentos todos debemos felicitarnos polo feito de que non houbese ningún ferido de consideración pois tería sido moi fácil que alguén levara un golpe mal dado. En fin, agardemos que estes feitos no se repitan no futuro.

No hay comentarios :