lunes, 6 de febrero de 2012

PREMIADOS NA I GALA DO DEPORTE DE NEGREIRA

Negreira entregou os galardóns e recoñecementos da súa I Gala do Deporte, nunha concurrida velada celebrada o pasado venres no Auditorio do Centro Sociocultural, e conducida por Emilio Forján, onde se deron cita representantes de todos os clubes do noso concello, deportistas, persoeiros do eido da educación e a cultura, e unha ampla representación política con boa parte dos membros da Corporación Municipal á cabeza, xunto á vicepresidenta e responsable do área de Deportes da Deputación de A Coruña, María Dolores Faraldo Botana, e mailo subdirector xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, Carlos Gómez Martínez. Entre os convidados estaban os alcaldes de A Baña, Andrés García Cardeso, e mailo de Santa Comba, Antonio Landeira, xunto coa concelleira de Xuventude e Deportes, Raquel Grille Boga.
O triatleta ordense, Iván Raña Fuentes, campión do Mundo, e participante en catro Olimpiadas, exerceu de padriño desta I Gala do Deporte, amén de entregar o galardón ó mellor deportista do pasado 2011 que recaeu no tenista, Carlos Suárez, quen por motivos persoais non poido recoller él mesmo a distinción, polo que foi o presidente de clube de tenis Negreira, Jesús Mariño, o encargado de facelo. Entre os méritos acumulados por Carlos Suárez figuran o ter sido nos últimos anos varias veces campión galego de veteranos, tanto en individuais coma en dobres, ocupando un posto número 15 a nivel de España, categoría veteranos.
A Gala que comenzou cun vídeo con testemuñas coma a de Francisco Lens Esperante, un dos impulsores do que hoxe en día a laureada Carreira Popular de Negreira, ou de Victoriano Fernández, un dos fundadores da Sociedade Deportiva Negreira, ala polo ano 1963, tivo na práctica do fútbol aos primeiros galardoados: O premio ó mellor equipo/clube do 2011 foi para os Xuvenís da S. D. Negreira polo seu histórico ascenso a pasada campaña á Liga Nacional, da man do seu técnico Carlos Ruso, que xunto con algúns dos integrantes daquel equipo, subiron a recollélo primeiro premio da noite.
Premio promesa
No apartado de mellores deportistas promesas do 2011, houbo dobrete para o kárate negreirés: José Carlos Carballo, de asociación do Coto; e Carla Rodríguez, da escola Akai-Ryu, foron os galardoados pola súa excelente traxectoria en campeonatos autonómicos e nacionais, amén de formar parte do Plan de Tecnificación da Federación Galega de Kárate.
Este deporte acaparou o galardón á mellor traxectoria, ao que aspiraban persoas que xa non están na práctica activa. Esta primeira distinción recaeu en Cristy Shedimar Tojo, profesora da escola Akai-Ryu, polos éxitos na súa carreira, e o feito de ser a primeira muller árbitro nacional A en Galicia.
Parte emotiva
No treito final da Gala chegaron tamén os momentos máis emotivos da mesma. No premio ó mellor patrocinador, colaborador e medios de comunicación, o Auditorio pusose en pé para aplaudir a Roberto García Jiménez, ex utilleiro da Sociedade Deportiva Negreira e do Negreira Veteranos, por toda unha vida de entrega co equipo, dende finais dos anos sesenta até finais dos noventa.
O tribunal-xurado da I Gala do Deporte, integrado por todos os clubes, os técnicos municipais de Deportes, director de Radio Negreira, e o concelleiro de Deportes, tivo a ben tratándose da súa primeira edición, recoñecer os méritos e a trascendencia que tiveron e teñen para o deporte en Negreira e a súa comarca, tantos os 49 anos de historia da S. D. Negreira, como a contribución do finado presidente-fundador da cooperativa Feiraco, e Fillo Predilecto de Negreira, Don Jesús García Calvo.
Polo Negreira foron recoñecidos: Victoriano Fernández, coma membro fundador do clube; Manuel Liñares Giraut, presidente na época na que o clube alcanzou algúns dos seus mellores éxitos como o hito do ascenso á Segunda División B tras lograr o ascenso ó primeiro intento, xogar unha segunda fase de ascenso, consagrar ó equipo na Terceira División, ou mesmo ser campión da Copa Deputación de A Coruña; e mailo presidente actual, José Manuel Ramos Freita, o presidente da histórica fusión entre o Negreira e maila desaparecida Asociación Deportiva Nicrariense (A.D.N.).
Por último, o alcalde-presidente do Concello de Negreira, José Blanco Pazos, fixo entrega do recoñecemento especial a título póstumo a Jesús García Calvo, recollendo dito galardón a súa filla, Rosario García, asistindo á Gala unha representación importante da familia do que foi presidente-fundador de Feiraco.
Nesta I Gala do Deporte non faltaron os momentos máis lúdicos coma a exhibición protagonizada polas xóvenes alumnas da Escola deportiva de ximnasia rítmica, ou da escola de kárate da Asociación do Coto, xunto cun vídeo sobre a particular visión do deporte de dúas veciñas moi especiais: Angélica e Roberta, protagonistas da primeira serie íntegramente para Internet feita en Galicia, e cuxa rodaxe levase a cabo periódicamente en Negreira.
Agradecementos
A organización quere darlle as grazas a aqueles que colaboraron desinteresadamente para que esta I Gala do Deporte de Negreira poidese levarse a cabo. En especial, ó traballo de montaxe e elaboración do vídeo de inicio de Víctor Suárez, e mailos aportes en imaxes de Carlos Berdullas. A Luis Zarco e aqueles que aportaron fotografías e datos, ou a Rubén Suárez pola reportaxe fotográfica que se poderá ver nesta Web. Tamén á colaboración da serie angélicayroberta.com, a Asociación deportivo do Coto, a profesora de ximnasia rítmica, María Fernández, e a Jimena e Lucia.
E por suposto, á colaboración e empeño dos técnicos de Cultura e Deportes, de Radio Negreira, e persoal dá Casa da Cultura
FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :