domingo, 26 de febrero de 2012

OUTRA SUBCAMPIONA GALEGA NA NOSA COMARCA , ESTA VEZ EN ATLETISMO

 Este sábado celebrouse na localidade pontevedresa de Portas o campionato galego escolar de campo a través , e tres dos nosos xóvenes deportistas participaron nel , acadando uns grandes resultados .
Así na categoría infantil feminina e nunha distancia de 2000 metros Lucía Suarez Crespo , proclamouse subcampiona galega cun tempo de 7:23 , a tan so 7 segundos da gañadora da proba Claudia Blanco Olivaes do Clube Atletismo Elite de Noia . Lucía que forma parte das escolas deportivas de atletismo do concello de Negreira , participou polo conxunto da USC , ó igual que Martín Darriba Crespo , que na categoría alevín e sobre a mesma distancia acadou a 7ª praza cun tempo de 7:19 a 16 segundos do gañador da proba Pablo de la Iglesia do Maristas de Lugo.
Na categoría cadete feminina sobre 3000 metros , a última dos nosos representantes , Nuria Rodriguez Gómez rematou na posición 19 cuntempo de 13:27 .
Noraboa ós tres e o seu adestrador Estevez , e a continuar traballando así , para que os éxitos sigan chegando .

No hay comentarios :