miércoles, 15 de febrero de 2012

EXITOSO CAMPIONATO GALEGO DE KARATE

O pasado sábado celebrouse no pavillón dos deportes de Pedra Mámoa, o Campionato Galego de Kárate absoluto coa participación de vintetrés clubes de toda Galicia, e máis de noventa deportistas no evento organizado pola Federación Galega de Kárate, en colaboración co Concello de Negreira, e baixo o patrocinio de CPS empresa constructora.
Salientamos o título de campión galego logrado por Francisco Javier Piñeiro Pais, do clube O Coto, en kumite masculino para máis de 84 quilos, así como o subcampionato en kata masculino de Xoán García Fuentes, karateca de O Coto, de Negreira. Compre tamén salientar o título de campiona galega en kumite femenino menos de 61 kilos, de Carla Fernández Vázquez, de o clube Squash de Santiago, e tamén en kumite, o campionato galego para Nerea Bellido Echebarrieta, en kumite máis de 61 quilos, do San Francisco, de Teo, un clube que tamen alzouse cun segundo posto en kumite femenino menos de 61 quilos para Ruth Lorenzo Couso.
No acto de entrega final de trofeos participaron o alcalde de Negreira, José Blanco Pazos, xunto coa presidenta da Federación Galega de Kárate, Carmen Barro Pita, así como o primeiro teniente de alcalde, Juan Rey Maceira; o concelleiro de Xuventude e Deportes, Manuel Hombre Porto; o concelleiro de Educación e Cultura, Luis Calviño Pueyo; a concelleira de Economía e Facenda, Lorena Rivas Rial, e maila concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Muller, Cintia Picado Costa.
CADRO DE HONOR DOS MELLORES NO CAMPIONATO GALEGO SENIOR DE KARATE
FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :