jueves, 16 de febrero de 2012

EXHIBICIÓN DE TENIS DE MESA

O Concello de Negreira ven de levar a cabo unha exhibición de tenis de mesa entre os mozos do instituto Xulián Magariños, en colaboración coa Federación Galega de tenis de mesa e mailo clube Arteal, todo un referente en Galicia. Así, cinco dos seus mellores xogadores desprazaronse este martes ata o instituto, onde promocionaron a práctica deportiva do tenis de mesa, entre eles ao chinés Shuai Lin, o xogador máis destacado do Arteal, acompañado do portugués Diogo de Carvalho, ambos os profesionais do equipo da Superdivisión, ou o nicaraguano Mario Molina, monitor do clube.

O obxectivo foi a promoción do tenis de mesa, e maila posibilidade de que se poida crear un clube na nosa zona. Os profesionais do Arteal estiveron acompañados polo presidente-fundador do Arteal, e presidente da Federación Galega, José Alborés, o cal foi obsequiado polo concelleiro de Xuventude e Deportes, Manuel Hombre Porto, en agradecemento pola súa visita a Negreira.
FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :