jueves, 9 de febrero de 2012

CAMPIONATO GALEGO SENIOR DE KARATE

O pavillón polideportivo de Pedra Mámoa, acolle este sábado novamente o Campionato Galego de Kárate senior, é decir, para karatecas maiores de 16 anos, e coa participación de dazaoito dos mellores clubes de toda Galicia, baixo á organización da Federación Galega de Kárate, e coa colaboración do Concello de Negreira e maila Secretaría Xeral para o Deporte, e grazas ao patrocinio da empresa Construcións en Pedra Sigrás S.L. (CPS).
Na súa presentación, a presidenta da Federación Galega de Kárate, Carmen Barro Pita, acompañada polo concelleiro de Xuventude e Deportes, Manuel Hombre Porto, subliñou que serán un total de oitenta dos mellores karatecas galegos os que tomarán parte este sábado no campionato autonómico absoluto desta especialidade deportiva de tanto arraigo no noso concello.
fonte : concellodenegreira.es

No hay comentarios :