sábado, 21 de enero de 2012

XX EDICIÓN DO TORNEO DE KARATE VILA DE NEGREIRA

O vindeiro sábado día 28 o Clube de Karate O Coto , en colaboración co concello de Negreira , celebra no pavillón polideportivo de Pedra Mamoa , a XX edición do torneo de karate da nosa vila . A hora de comenzo está establecida para as 16:30 , e o fará coa modalidade de Kumite , para pasar á de Kata a iso das 17:30 . Esperase a participación de uns 50 rapaces por parte do clube organizador , mentrás que os conxuntos da zona de Ames e Santiago aportarán outros 100-150 participantes . Como novidade e con vistas a ir ampliando o elenco de participantes , estase a ter contacto con clubes da zona de Ferrol , onde o arraigo desta disciplina e moi grande , para que formen parte da edición deste ano .
Este torneo é a antesala do Campionato galego , que por terceiro ano cansecutivo se celebra no noso concello , e que se disputará o 11 de Febreiro , e do cal iremos dando cumprida nformación dende aquí .

No hay comentarios :