miércoles 18 de enero de 2012

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS II

Ampliamola nova que xa adiantamos fai uns dias neste blog .

O pasado venres 13 de xaneiro celebrouse na explanada contigua ó I.E.S. Xulián Magariños, o Campionato de Campo a través escolar comarcal no que varios colexios da zona participaron nunha proba nunha fria mañán.
Os colexios e institutos participantes foron os seguintes:
Xuventude Dubresa
XD Ferro Couselo
... Ceip Xacinto Amigo Lera
Cpi A Picota
Ceip Pino de Val
Ceip Victor Saez
Cpi A Baña
I.E.S. Xulian Magariños
IES Ames
Escolas Deportivas Atletismo. Concello Negreira
EDM Santa Comba
As carreiras comenzaron as 11:00 h. coa proba de Benxamín e remataron as 13:00 coa de categoría Cadete.
Para os rapaces de Negreira os resultados foron bastante positivos:
Por parte da E.D. Atletismo Negreira, acadaron o primeiro posto en categoría infantil feminino: LUCIA SUAREZ e en Cadete feminino: NURIA RODRIGUEZ.
Tamén lograron un segundo posto en categoría Cadete feminino: MARTA FAGIN e terceiro clasificado en Cadete masculino: ADRIÁN RODRIGUEZ.
Destacar tamén a ALBERTO CAAMAÑO, do I.E.S. Xulian Magariños que consegiu o segundo posto en cadete masculino.
fonte : concellodenegreira.es