lunes, 3 de octubre de 2011

Don Budi 4 - 1 Negreira Veteranos

Empeza a ser preocupante a traxectoria desta temporada pois cando xa van tres partidos xogados aínda non estrenamos o noso casilleiro e o que é máis preocupante, tan só un gol en 270 minutos o que fala ben ás claras de cal é o noso déficit.
Esta insuficiencia goleadora imprime ao equipo un carácter apático que se nota no xogo que desplegamos. Fallos nas entregas de balón, desconfianza nas súas propias posibilidades, impotencia e un nivel físico alarmantemente baixo son as notas que caracterizan o noso fútbol. A todos estes ingredientes súmase a falta de sorte pois nas xogadas cruciais fallamos estrepitosamente polo que a encomenda de gañar tórnase case imposible.
Así pois, o Don Budi non tivo que emplearse a fondo para sacar adiante o partido e nós tan so chegamos a inquietar na primeira xogada do partido onde Mario non estivo acertado no último remate e cando o mesmo Mario acadou o empate a un gol tras penalti cometido sobre Couso. A partir deste marcador, o equipo local foi pouco a pouco demostrando o mellor nivel físico e o acerto dos seus xogadores e o Negreira únicamente inquietou nalguna xogada aislada. Unha das mellores ocasións foi cando Santi logrou chegar ata o fondo da área tras unha xogada de pundonor pero ninguén foi quén de rematar o balón dentro da portería.
Así pois encónase a situación do equipo agravada pola inoperancia da directiva que non é capaz de liderar a situación e convocar urxentemente a toda a plantilla a unha comida de confraternidade tal como fixo o mismísimo Mourinho invitando á plantilla blanca a unha barbacoa, ou sexa unha churrascada. O que ningúen sabe é que o adestrador madridista bebeu durante moito tempo das fontes da sabiduría dos Veteranos e por esa razón incorpou esta práctica nas sesións de mentalización psicoloxica. A máis dun lle sorprendeu a instantánea do mismísimo Cristiano Ronaldo asando unha costela de porco na parrilla e un cacho de carne de croca por máis que a prensa madrileña diga que se trataba de “…choricitos y panceta…”.
En fin, situación que non é dramática porque esto está empezando pero que debería encauzarse canto antes se non queremos caer no pozo. Doe moito ver ao equipo con 0 puntos na táboa e pechando a cancela.
Onde sí o equipo está a dar o dó de peito é no terceiro tempo. O sábado parece que houbo problemas coas existencias de cerveza en Bertamiráns a eso das dez da norte e iso que había baixas notables no equipo de destacan habitualmente nesta faceta.
O vindeiro sábado visitaranos o Dodro, un clásico da categoría co que sempre existe unha certa rivalidade. Non poderemos contar con Suso que, de xeito lamentable, se autoexpulsou cunha patada non digna da súa traxectoria.



1 comentario :

Anónimo dijo...

sr. mafioso !!cena de equipo ya que nos hace falta!!!
y mañana a ganar los primeros tres punto...