viernes, 9 de septiembre de 2011

IV ANDAINA POPULAR CONCELLO DE NEGREIRA

Percorrer a prolongación do camiño de Santiago ata Fisterra , no tramo do mesmo que percorre o noso concello , é sen lugar a dudas unha experiencia que todo Barcalés de ben debe desfrutar nalgunha ocasión , e máis cando son miles e miles os peregrinos de tódolas partes do mundo os que camiñan por un roteiro que ás veces para ós máis achegados a él parece esquecido . Pois ben dende a Delegación de Cultura e Deportes do concello de Negreira , ponse a disposición de todo aquel que o desexe , unha andaina organizada que xa vai pola cuarta edición , e que se celebrará o vindeiro 24 de Setembro .
O percorrido duns 25 kilómetros está pensado para ser rematado nunhas 7 horas , pero aquí cada cal poñerá o ritmo que considera oportuno para desfrutar da paisaxe , da compaña e da camiñata .
O refuxio de Cobas será o lugar indicado para a concentración da xente , e ala polas 9:00 iniciarase a andaina .
Non hai escusa , animate a participar , e para elo debes anotarte na citada Delegación antes do 23 de Setembro ou ben chamando ó número de teléfono 981 885 886 .

No hay comentarios :