domingo, 24 de enero de 2010

HAITÍ PRECISA AXUDA : UN POUCO DE CADA UN , SUMA MOITO .


A Asociación Deportivo Cultural Negreira Veteranos , vai a colaborar coa campaña solidaria emprendida polo concello de Negreira , para a recadación de achegas voluntarias destinadas a axudar a paliar as importantes necesidades causadas pola recente catástrofe sufrida polo pobo de Haití . Logo da reunión mantida ó remate do encontro deste sábado , tomouse a decisión de aportar a cantidade de 100 € , unha pequena achega , que esperemos se sume ás  que se fagan a título persoal por parte dos nosos asociados e seguidores , e ás outras moitas aportadas polos veciños da nosa vila . A suma de todas elas poden poñer unha primeira pedra na reconstrucción dun país golpeado pola dramática traxedia que está a sufrir o pobo máis pobre do continente americano .

No hay comentarios :