lunes, 11 de enero de 2010

DON BUDI 1 - NEGREIRA 1


Partido disputado no municipal de Bertamiráns recentemente remozado con novo céspede sintético como xa é habitual na comarca. Por certo, parece que na construcción das gradas e dos vestiarios primou a estética antes que a funcionalidade pois case que a zona de duchas é maior que a zona para cambiarse o que supón unha pequena incomodidade (é que os veteranos volvémonos un pouco quisquillosos).

A tarde tamén se presentou totalmente invernal e, aínda que non nevou (o cal non sería descabellado), sí que a temperatura era máis fría do normal o que fixo que algún case saíra a xogar con cobertor.

Polo demáis o partido era a primeira de toque despois das vacacións de nadal para ver en qué medida os doces e os salgados se cebaron cos xogadores. O Mr parece que non quedou moi contento co resultado das táboas de exercicios que nos encargou pero tampouco lle deu demasiada importancia. Tamén servíu para que debutaran nas novas fichaxes do mercado de inverno: Couso “Chaca” e Alfonsito “Pirroto” que amosaron maneiras pero que tamén deixaron ver as carencias físicas. De seguro que nos próximos partidos estarán a punto para axudar ao equipo nesta segunda volta que empeza o vindeiro sábado.

Polo de pronto, o Don Budi presentaba un cartel con certo respeto pois no que leva de campeonato colleitou importantes resultados: 2-1 ao Maderas Ramos, empates co Boqueixón, Roomel, Mirador de Padín e con tan só dous partidos perdidos.
Na primeira media hora de partido volcouse na portería defendida por Juán que tivo que emplearse a fondo para atallar varios remates con moita intención. Ata catro saques de esquina cobrou o Don Budi nesta primeira media hora de partido. No obstante, pouco a pouco fúmonos estirando coas entradas de Nando, Alijo e Alfonso e no segundo córner que botamos conseguimos adiantarnos no marcador. Para o Don Budi foi un pequeno xarro de auga fría logo do claro dominio local ata ese momento.

Tras o descanso o Don Budi tentou volver á carga con presión e aumentou os efectivos no ataque. Pero nesta segunda parte sí estivemos máis metidos no partido e en numerosas incursións protagonizadas por Alfonso, Couso, Iván e Nando puidemos matar o partido. No obstante, froito doutro arreón local chegou o gol do empate tras un rechaze na nosa área.

Ao final, todos contentos co empate ao final dunha primeira volta na que quedaremos en novena ou décima posición a falta de saber o resultado do Roomel-Rosalía. O primeiro obxectivo do equipo nesta segunda volta será asegurar unha vez máis a permanencia.

O vindeiro sábado iniciaremos a segunda volta no campo do Hermanos Couto que lidera a clasificación con autoridade.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Suso gran partido