sábado, 23 de enero de 2010

CAMPIONATO DE INVERNO PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL SALA


Remata a primeira volta da competición de fútbol sala escolar , onde compiten as escolas deportivas do concello de Negreira , nas categorias de Benxamíns e Alevíns , en concreto na Liga dos concellos do Tambre-Muros .
Os Benxamíns acadaron o simbólico título de campións de inverno , logo de gañar a domicilio ás escolas Os Miudos de Muros por 0 a 5 . Neste encontro disputábase precisamente esa primeira praza , xa que os da vila mariñeira , estaban segundos a dous puntos dos Barcaleses . Agora son cinco os puntos de renda que teñen os nosos , para na segunda volta confirmar o magnífico estado de forma que están a demostrar , e tratar de acadar o título de campións da súa zona .
Os alevíns tamén están na primeira posición , eso si empatados a 12 puntos cos de Mazaricos , ainda que estes últimos , con dous encontros menos disputados .
Na foto os integrantes do equipo de Prebenxamíns , que están a disputar cos prebenxamíns dos outros concellos , unha serie de amistosos antes dos encontros de competición oficial , acadando tamén un meritorio resultado , tanto no nivel de xogo ofrecido , como nos seus resultados.

No hay comentarios :