lunes, 23 de noviembre de 2009

Veteranos Negreira 2 - 4 Pepe Noia


Novamente unha semana máis se confirmou a inoperancia atacante a pesar da incorporación de Mario respecto da pasada semana. Debemos recoñecer que Nando e Paco, hoxe por hoxe, supoñen o oitenta por cento do poder ofensivo e non contar con eles é un luxo que non nos podemos permitir. Así que hai que poñer a traballar ao equipo médico nun caso e ao psicólogo no outro.

Ademais destas baixas tampouco podemos contar con Iván que quedou tocado no último partido co Rivadavia, nin con Moreno cuxas actividades extradeportivas traen de cabeza ao clube. Tampouco estivo Capi. Por contra, feliz debut de Cascallar que tivo unha discreta actuación nos minutos que disputou.

Moi mal se puso o partido cando aos trinta minutos xa perdíamos por tres a cero. Coido que sería interesante que se analizase o video da primeira parte en poder da directiva para buscar as causas de tal nefasta actuación pero seguro que podemos concluir que a falta de concentración tivo moito que ver.

Nesta primeira parte acurtamos distancias por mediación de Zarco que reapareceu para mellor gloria dos seus seguidores que xa meditaban seriamente que non volverían a ver ao que antaño fora un dos líderes do equipo dos Veteranos. Agora o seu protagonismo trasladouse á parcela directiva pero parece que aínda quere deixar fonda pegada tamén na parcela deportiva.

Un minuto antes do descanso o Pepe Noia pegou outro zarpazo mortal que puso o partido catro a un e deixounos, todo hai que dicilo, un pouco tocados. Tra-lo descanso tentamos queimar as naves pero tan só Suso logrou novamente acurtar distancias tras un forte disparo dentro da área. E iso que ocasións tivemos. Ata cinco claras: unha de Mario tras centro de Bilardo, outra de Santi que non acertou a enfriar a cachola cando só tiña que fusilar ao porteiro rival, balón que se pasea na área tras un córner botado por Carballo….

En definitiva, mal partido no ofensivo e tamén no defensivo aínda que no noso descargo hai que dicir que o Pepe Noia fixo unha gran primeira parte sacando o balón dende atrás e non perdéndolle nunca a cara ao partido nin cando a renta era suficientemente ampla.

Agora ven quince días de descanso no que agardamos se recuperen os lesionados e fagamos penitencia para lambernos as feridas e sacar o pundonor do que sempre fixemos gala.

1 comentario :

el amante de la naturaleza dijo...

estoy totalmente de acuerdo contigo basi, sigues siendo un gran cronista. es bien cierto que nuestro poder ofensivo está limitado en estes momentos y además ellos llegan 2 veces y marcan 3 goles y ya tienen el partido de cara. hay que hacer piña y ir a morder a val do dubra, y despues el preludio de la cena de nadal (día 12) nuestro famoso mundialmente 3º tiempo un abrazo mariscal