domingo, 15 de noviembre de 2009

Restaurante Rivadavia 2 -1 Veteranos Negreira


Campo de Chaián nunha tarde desapacible, con moito vento con rachas fortes e chuvias de carácter persistente. Nestas condicións desenvolveuse o partido fronte ao Restaurante Rivadavia e que tivo un desenlace desfavorable para os nosos intereses.
Faltaban Paco que parece que está doente por unha lesión muscular, Nando por sanción e Mario, todos eles xogadores de carácter ofensivo e que nos restaron poder atacante. Por contra incorporábase Ivan que felizmente veu como a Agrupación lle reducíu a sanción inicial de cinco partidos deixándoa finalmente en dous. Ademais tivo unha actuación bastante notable aparecendo en case todas as xogadas de perigo e incluso participando na xogada que supuso o único gol do equipo.
O vento en contra foi un hándicap importante para os dous equipos aínda que non determinante para o resultado final. De feito os goles, salvo o segundo do Rivadavia, foron materializados cando o equipo atancante tiña o vento en contra.
Na primeira parte, o Rivadavia plantexou un fútbol de toque que, no obstante, se atopaba coa barreira defensiva. Todos os ataques locais morrían a rentes da área debido á intensidade defensiva do equipo. Aínda así, un despiste provocou un disparo do Rivadavia que non logrou blocar Juan e cuxo rechaze foi finalmente aproveitado para iniciar a conta goleadora a un minuto do descanso.

Nestas circunstancias e co vento en contra na segunda parte, desenvolvemos o mellor xogo do partido. O Rivadavia únicamente pretendía achegarse á área con balóns largos para tentar aproveitar o aire a favor e mentres tanto Iván foi un revulsivo e provocou nunha internada na área un inocente penalti por parte dun defensa local. Gol de Alijo que xa leva cinco e tres de penalti convertíndose deste xeito no especialista dende os nove metros.

Aínda así, o Rivadavia logrou noutro balón rechazado por Juan tras un disparo de Casas (por certo en claro fora de xogo) o segundo gol a cargo de Guerra.

A partir daquí, seguimos a buscar o empate pero sen sorte aínda que sí con alguna xogada como un remate de Pitu tras centro de Pedraza que case se cantou gol no banquillo visitante.

É de xusticia destacar a Iván que, como dicimos, actuou como revulsivo, a Juan de Corneira que fixo un bo traballo no lateral dereito, Carballo que tivo unha notable actuación nos momentos que disputou na segunda parte e Capi que coas súas internadas pola banda esquerda sembrou o desconcerto na defensa rival.

O Mr. terá que ter coidado pois os resultados están a ser un pouco satisfactorios e eu mesmo fun testemuña de cómo tivo que dar explicacións a un directivo sobre a falta de oportunidades a xogadores do banquillo.

A partir daquí deu comezo o tercer tempo, no que tamén tiveron protagonismo outros xogadores. Primeira parada no Bar Nieto como é de rigor que servíu para coller folgos logo do esforzo investido. Logo algúns non puideron resistir a tentación de parar no Estela onde o Rubio os agasallou coas viandas de rigor e despois os preparativos da cea que tivo lugar en Corneira onde demos boa conta dos Polos Picantóns que nos prepararon na Parrillada Begomar. E digo preparativos porque aínda houbo outras paradas na Xarra e o Arranca e de seguro que me queda algún outro no tinteiro.

Nesta cea tivo lugar o bautizo de honra dos novatos do equipo e, como ven sendo habitual, víronse na obriga de participar na xa hai tempo se deu en chamar cerimonia do Coñac á catalana. Froito dos excesos e de non ser capaz de aguantar a presión dos veteranos, algún perdeu a verticalidade no Begomar e acabou no baño das féminas. Houbo de todo: cánticos, alegorías, bailes tradicionais, animadores, figuríns de teatro e todo animado por coros magníficamente dirixidos por Bilardo, Moreno e Suso.

De seguir así, coido que o tercer tempo está chamado a ter unha sección propia no blog pois parece que ultimamente está a ser máis interesante que o propio partido.

No hay comentarios :