miércoles, 18 de noviembre de 2009

COMENZA A COMPETICÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOLSALA


Un ano máis os pequenos de Negreira comenzan a competición en idade escolar , nas categorias de Prebenxamíns , Benxamíns , Alevíns e fútbol sala feminino sumando en todas elas un total de 60 rapaces e rapazas do noso Val.
Na primeira xornada as cousas non podían resultar mellor no desprazamento a Brión , e así os Prebenxamíns gañaron por 0-2 , máis fácil o tiveron os Benxamíns que acadaron un 3-7 , o encontro con máis incerteza foi o dos Alevíns que finalmente tamén caeu do noso lado por 4-5 .
Outros resultados da primeira xornada foron , en Benxamíms :

E.D.Os Miudos 3 - E.D.M. Mazaricos 3
A.N.P.A.Louro - A Baña (aprazado)
Sta. Comba 2 - Esteirana A 2

En canto a categoría Alevín , estes foron os tanteadores :

E.D. Os Miudos 0 - E.D.M. Mazaricos 7
Esteirana B (descansa)
Sta. Comba 3 - Esteirana A 9

O vindiro venrés desprazaremonos a Mazaricos onde xogaran os Benxamíns e Alevíns , a saída será ás 16:30 , diante do centro de saúde .

No hay comentarios :