jueves, 15 de octubre de 2009

Negreira 1 - Dodro 3


Terceira xornada e seguimos sen coñecela victoria . Desta vez foi o Dodro o que marchou de Cepelo cos tres puntos en xogo , equipo este chamado a quedar no máis alto da tabla se segue a amosar o nivel dos 65 minutos finais do encontro.
Comenzamos co mellor fútbol visto o noso equipo no que vai de tempada , ocasións , ata catro claras, moi bo xogo e os visitantes capeando o temporal , así chegou o golazo de Nando , que vendo adiantado o porteiro e dende longa distancia inaugurou o marcador . O Dodro con pelotazos longo á espalda da nosa defensa , comenzou a sacarse de enrriba o acoso local e máis cando en dous deles , e en sendos foras de xogo , chegaron as suas primeiras oportunidades . O equipo vendo que o trencilla non estaba por sinalar os foras de xogo inconscientemente se votou atrás , e comenzou a cambiar a balanza do partido decantandose do lado visitante , o cal pronto acadaría o empate .
Logo chegarían as desgracias , primeiro a lesión de Basi e ós cinco minutos a de Pepsi nun choque fortuito que dou cos seus miolos no hospital , ó final podese decir que por puntos este é o lider da división de honor , o encontro parado cerca de quince minutos e final do primeiro tempo .
Comenzou así a segunda parte cunha defensa de circunstancias , o que marcou o acontecido no segundo gol , no que Mario , pensando en que seguia de dianteiro , cargou a un contrario dentro da área cando iste xa perderá opcións de continuar co balon , pena rigurosa e infantil ,pero sube o segundo para o Dodro . Noutra xogada inocente Pitu amarrou o balón no lugar se sacalo hacia adiante , ou darlla ó porteiro , o cal tampouco fixo quizais porque este estaba lesionado dende o minuto dez da primeira parte e non podia golpear o esférico con garantia, o resultado perda de balón e o terceiro dos visitantes . Ata o final eles contaron con un par de ocasións máis , pero o lamentable para nós foi as duas clamorosas marradas por Moreno , e o penalti compensatorio que nos otorgou o colexiado e que Nando mandou ó pao .
Bo encontro de Paco mentrás lle durou a gasolina , necesita un cambio de garantia para que poida recuperarse dos esforzos que acomete ó longo do partido , de Mario polo sacrifio ó xogar en distintas posicións cando así as circuntancias o requeriron , de Nando como sempre a gran nivel ,e Iván e Manolo , que se estan acoplando ó equipo rápidamente .
Como xa dixemos ó comenzo da liga este mes de outubro auguraba dificultades por mor dos compromisos de algúns xogadores ó que hai que sumar a chegada de demasiadas baixas , esperemos romper pronto esta dinámica , ainda que non parece que o vindeiro encontro sexa a ocasión , pois o equipo viaxa xusto de efectivos a Ribeira , pero xa temos peleado en peores prazas , e esperemos sacar algo positivo ¿quén sabe ó mellor a primeira victoria? .

No hay comentarios :