lunes, 5 de octubre de 2009

Negreira 1- Cuntis 2

Encontro da segunda xornada da división de Honor de veteranos , retrasado ás 18:30 por mor da disputa con anterioridade do encontro dos xuvenís , era a tarde dos penaltis en Cepelo , xa que neste partido pitaronse dous , e no dos veteranos outros dous .
A mala sorte quiso aliarse encontra do fútbol , e o retraso do noso encontro fixo que este se tivese que xogar baixo un intenso diluvio . O partido malo de solenidade dos peores que se recoradan en Cepelo , e non achacable ás condicións climatolóxicas . O mellor e máis destacable o debut de Juan , podemos comenzar a soñar coas boas tardes que nos vai brindar esta nova incorporación .
Contabamos con ata seis baixas importantísimas e en posicións claves do sistema de Cobas , e decir medio equipo "titular" non poido participar neste encontro , este foi un agasallo que o Cuntis soupo agradecer ó igual que o ano pasado cando visitamos a vila termal na que nos presentamos nunhas circunstancias parecidas .
Os que foron da partida intentaron adaptarse a posicións pouco habituais nalgúns casos , outros tentaron sobrepoñerse a unha longa inactividade , e cun banquiño escaso , o físico foi un factor tamén a ter en conta . Con todo isto se non fose polo fallo de Nando na pena máxima sinalada en contra dos visitantes preto do remate do encontro o resultado sería de empate . Adiantouse o Cuntis , para logo igualar Iván , unha pena máxima moi protestada polos locais puso o que á postre sería o resultado definitivo .
Esperemos que pronto pase este mes de outubro onde demasiados compromisos están a facer que o equipo estea un pouco coxo en todas e cada unha das xornadas .
O máis positivo a aparte do debut de Juan foi a gran presencia de aficionados , á espera de que comence a asistir o "frente cosovo" .

5 comentarios :

Anónimo dijo...

Moi mal por parte do cronista, non se lle pode achacar a falta dun punto a un xogador como Nando (Nin a outro xogador), xa que a xente que viu algo de fútbol, conoce o vello dito de que " os penaltis só os erra quen os tira".
Ánimo a equipa e que como dí outor dito " Nin os xitanos queren os fillos con bos principios".

Negreira veteranos dijo...

O que trata de decir a crónica no punto a que te refires non é sobre o fallo de Nando en concreto , xa que como ben dis , so os falla quen os tira , refirese que a pesar do desastroso encontro , apiques estivemos de acadar con todo elo o empate , tendo en conta as ausencias , e outras circunstancias o equipo ó final case saca algo positivo.
Esto quere decir que se non nós deblegan agora , mal o van ter cando este toda a plantilla e poida haber cambios de garantia , e máis cando dende xa a porteria parece que ten un seguro de vida .

Anónimo dijo...

Compraceme saber que un gran porteiro( sen menospreciar os "existentes")recalou nas filas dos Veteranos, pero non me parece xusto que na crónica nomeese varias veces este feito , e ningún que o goleador foi IVAN, o cal se estrea como anotador en torneo oficial e outra incorporación deste ano ,e que tamén está destinado a darnos tardes de gloria os afeccionados dos Veteranos.
Ao cronista notanselle moito os seus antigos sentimentos (Pasado futbolístico na Luaña S.D.)

Negreira veteranos dijo...

Debes entender que eu non son profesional disto , nin cobro como o fai o cronista oficial , o cal si se lle debe esixir todo o que ti dis . As vacacións xa se lle acabaron e agora tocalle escribir a crónoca a quen sempre o fai con rigor e sen sentimentalismo , esto último ó que suscribe .
De todolos xeitos estamos abertos a novos cronistas como ti , so tes que animarte e enviarnola ó noso e-mail

Anónimo dijo...

Nin os malos son tan malos,nin os bos son tan bos,cousas peores se viron pero como sempre a este equipo pasalle factura a deixadez que hay por parte de algun membro do equipo,non estamos xogando no madrid pero q haba ilusion desde q se entra no campo ata q se sae axuda moito,e xogar por xogar non ten merito nin é agradable a vista do aficionado porque algun vez no terreo de xoga so se sinten os santos todos baixados do ceo en boca de todos pero sen saber moi ben pq estan discutindo,cada un q xogue na sua posicion q intente atendela o mellor q sabe e deixe de meterse na dos demais,porque unha cousa esta moi clara hay nese equipo notase ben q O QUE TUVO RETUVO,e por riba de gañar ou perder son homes de carne e oso e q non se repita algo parecido o de pesi posto algun xente parece q non lle corre sangre polas veas nunha circunstancias desas e as veces no ultimo minuto dun partido poden cambiar moitas cousas,pois na de unha persoa tamen.