domingo, 11 de octubre de 2009

I OPEN GALEGO DE CICLOCROSS VILA DE NEGREIRA

Por primeira vez Negreira vai ter a oportunidade de acoller unha proba de ciclocross a nivel de Galicia, incluída no calendario da Federación Galega de Ciclismo. Será o sábado, día 31 de outubro sobre un circuito nas inmediacións do comprexo polideportivo de Pedra Mámoa, como colofón a toda unha compreta temporada de actividades da asociación Festexos de Negreira.
A nivel estatal, hai que subliñar que Galicia é unha cuna de campións desta disciplina ciclista; actualmente tanto en categoría masculina como femenina, os campións do Open de España son galegos.
As principias características do ciclocross son, a bicicleta, igual ca unha bicicleta de estrada, pero con modificacións nos freos, llantas e desenrolos; e mailos circuitos, prácticamente chans, así como a falla de obstáculos naturais, aínda que soénse por dous ou tres taboleiros para facelos máis espectaculares.
Paralelamente, xunto á proba de profesionais, organizarase outra para afeccioados, na que poderán participar todos aquelas persoas que o desexen.
Clubes participantes
Clube ciclista Aquagest (Santiago de Compostela)
Clube ciclista Spol – Caixanova (Porriño)
Clube ciclista Monteferro – Reale (Nigrán)
Clube ciclista Super Froiz (Pontevedra)
Clube ciclista Cambre – Frisonoble (Cambre)
Clube ciclista Compostelano (Santiago)
Clube ciclista Cidade de Lugo
Clube ciclista Expert (Ponteareas)
Clube ciclista Hermanos Ozores (Tui)
Clube ciclista Chicolino (Padrón)
Clube ciclista Maceda (Ourense)
Clube ciclista Moto Bike (Pontevedra)
Clube ciclista Padronés (Padrón)
Clube ciclista A Ponte Vella (Lugo)
Principais ciclistas galegos que estarán en Negreira:
- Óscar Vázquez Crespo (Aquagest). Campión da Copa de España elite, campión de Galicia, e convocado pola selección española para os mundiais de ciclocross de Italia.
- Mauro González Fontán (Aguagest). Campión da Copa de España Sub 23; campión de Galicia, e convocado pola selección nacional para os mundiais de Italia.
- Isabel Castro Cal (Aquagest). Campiona da Copa de España féminas, e campiona de Galicia.
- Guillermo Álvarez (Aquagest). Campión de España de Master 30; e quinto nos mundiais de Master 30 celebrados en Holanda.
- Paulo González Fontán (Expert-Ponteareas). Campión de España de categoría cadetes.

No hay comentarios :