domingo, 27 de septiembre de 2009

NEGREIRA VETERANOS 2 - BOQUEIXÓN 2


Comenzou a liga e con ela , o outono , o foi o revés. A estación na que estamos é por excelencia a da caida da folla , e nesas debiamos estar , a mirar como se desprendian as primeiras dos enormes carballos que temos a entrada de Cepelo , cando nos caeu o primeiro gol , os que non forón da partida ainda estaban a escoller o seu lugar no banco . Falta de intensidade defensiva ante un claro fora de xogo , pero debemos seguir a xogada e non esperar que se pite o que todo o mundo pareceu ver , menos o trencilla. Así con estas tocou remontar , e tivemos o dominio de xogo ó longo dun bo treito da primeira parte pero sen fluidez , nin un xogo brilante , esto en boa medida á falta de aclopamento do equipo . Paco estaba a crear peligro por banda e Alijo estaba bastante entonado en ataque e fruto de elo foi o primeiro gol da tempada obra deste último,ó saque dunha falta e nado días antes na pizarra de Cobas e que os seus pupilos superon poñer en práctica no campo . Rematou a primeira parte con sabor a que o resultado era xusto , polo visto ata o momento.
Pero como seguiamos en outono , comenza a segunda parte e nun desaxuste defensivo en banda dereita propicia o segundo , pasaba pouco do primeiro minuto de xogo. Volta o da primeira parte , a diferencia que nesta segunda as nosas ocasións foron varias e claras , como un man a man de Mario no que o porteiro visitante soupo gañarlle a partida , ou un centro de Paco ó borde da área pequena que Oscar enviaba por riba do longueiro . Dous tiros de Nando que sairon moi axustados o pao , un remate de cabeza de Mario . Pero sería Paco o autor do empate logo dun tiro que ecertou a rechazar o porteiro en primeira instancia .
Eles dispuseron tamén de un par de oportunidades , pero fruto de novos desaxustes nosos en defensa e no medio do campo , en parte motivados pola imperante necesidade de empatalo partido , o que facia que as saídas deles o contragolpe nos collesen fora de sitio.
Tendo en conta que xogamos sen porteiro polas lesións de Berdu e Gallego , e que Moreno bastante fiso para non ser cancerbeiro , poderíase dar incluso por bo o empate e tendo enconta que este é un equipo correoso , con catro ou cinco moi bos xogadores e un bloque compacto , se xogan sempre coa intensidade desta xornada non deberían ter problemas para estar entre os sete primeiros ó remate da liga .
A semán que ven visitanos o Cuntis , ainda non se sabe onde xogaremos pois Cepelo está ocupado polos xuvenís , ó parecer vanse facer xestións para se é posible desprazarnos A Baña , e en último caso voltaremos o Gran estadio de Agrón que tantos triunfos viviu do noso equipo .

No hay comentarios :