jueves, 2 de julio de 2009

SEGUEN AS ASCENSIÓNS BARCALESAS

Logo do Nevado Choquezafra (5174 m.de altura) en Perú , e do pico Cotalba (2128 m.)nos Picos de Europa , agora tocoulle ó mítico Mont Blanc (4810 m.), nos Alpes franceses , ser testigo das andainas dos nosos amigos alpinistas negreireses Pablo Fadeville e Rubén Suárez , sempre ben acompañados do seu camarada de fatigas o noies José Ramón Laíño. A ascensión para acadar o cumio deste pico durou cinco horas, unha escalada na que o xeo e a neve non eran unha sorpresa, pero na que tamén tiveron que sortear o desprendimento de pedras. Como é xa normal neles deixaron constancia dos seus oríxes , clavando os escudos dos concellos de Negreira e de A Baña nalgún punto do cumio cando erán as 8.15 da mañá . Ás duas da madrugada usando linternas frontais iniciaran o ascenso dende o refuxio de Goûter a 3.811 m.de altitude .
Rubén manifestou que a ascensión é relativamente de pouca dificultade técnica , pero asegurou que "é un ascenso longo que pode ter peligros como un cambio brusco do tempo , o coñecido malñ de alturas , ou a caida de pedras" .

1 comentario :

Anónimo dijo...

noraboa alpinistas, pero tende coidado nas subidas e baixades.