martes, 30 de junio de 2009

A XESTORA DA S.D. ADIANTE UN ANO MÁIS

A xestora do Negreira presenta un déficit de casi 30.000 euros
Hermanos Mallón será unha temporada máis o patrocinador principal do clube

A xunta xestora do Negreira, que encabeza Manuel Liñares Giraut, veu como no último momento a constructora local «Hermanos Mallón» decidiu seguir unha tempada máis como patrocinador principal. Os empresarios aportarán un total de 30.000 euros.
O xerente, Juan Mallón, presente na asamblea, reiterou que a sua axuda económica como único patrocinador ten data de caducidade, polo que instou ás demáis empresas do municipio, e incluso ó propio Concello, a implicarse máis no proxecto do Negreira o do contrario «o ano que ven teremos outra vez este mesmo problema».
A xestora, e os cerca de sesenta socios que asistieron á cita, poideron respirar tranquilos pasadas as once e media da noite. Ademáis, cabe destacar que se informou ós socios que o clube arrastra unha debeda de 28.000 euros por unha póliza suscrita por trece directivos. Na asamblea, algúns socios propuseron algunhas fórmulas para recaudar cartos, como unha cuota de 150 euros con disponibilidade de tres carnés, algo que a moitos aboados lle pareceu excesivo.
En canto ó apartado deportivo, cabe destacar que o presidente da xestora confirmou que Julián Ferreiro seguirá sendo o adestrador da plantilla. Ademáis, o máximo mandatario desvelou un principio de acordo con José María Caneda para a cesión de «catro ou cinco futbolistas do Compostela para que xoguen no Negreira, sendo moi ventaxoso para nós porque a ficha se pagaría a medias». Si ben non se concretou qué xogadores virán cedidos ó Negreira, o primeiro nome que soa é o de Tomás.
Manuel Liñares indicou que esperan confeccionar un presuposto de aredor de 150.000 euros, con unha nova reducción no coste final de salarios para xogadores. O resultado final do exercicio foi novamente negativo, de menos 4.656 euros, recoñecendo a xestora ante os socios que falta por pagar todavía a nómina de algúns xogadores. Tambén está pendente de cobro unha subvención de seis mil euros da Diputación de A Coruña correspondente ó pasado ano.

No hay comentarios :