Algún do Negreira veternos debe ter en conta a imaxe de arriba para vindeiras citas tenísticas , pero que vaia co balón tamén .
Rematou a liga de tenis en Negreira , e a actuación dos membros da peña de veteranos de fútbol , está sendo moi seguida pola nosa afición , é por elo que dende aquí imos a dar o análise final á competición .
Comencemos pola 1ª División onde Santi foi o mellor clasificado , comenzara ben a liga pero como no fútbol , foi a menos ó mesmo tempo que a competición consumía xornadas , para rematar sexto(esperabase máis del) con 5 victorias e outras tantas derrotas . Noveno foi Roberto Quintáns con tres victorias e sete derrotas , e Juan (Francés)ocupou unha das prazas de descenso , xa que so foi quen de gañar un encontro , sumando 9 derrotas .
Na segunda División foi onde as cousas estiveron máis emocionantes , ó final Javier acadou a quinta praza , con 8 victorias e catro derrotas , vendose favorecido polos encontros aprazados polos que quedaron por detrás del na clasificación . 7º foi Cobas 7 victorias e 6 derrotas, ó cal aconteceulle o que Santi , comenzou sendo a sorpresa para diluirse pouco a pouco co paso da competición. Xusto por detrás de Cobas aparecen os outros dous membros da nosa peña , Roberto García 8º , coas mesmas victorias que Cobas pero so tres derrotas , dende aquí nos consta que de disputar tódolos seus encontros podería haber acabado terceiro na división de prata , magoa polo bo de Xanín (todos querían que superase a Xavieri Caporrini). Carballo foi 9º con catro victorias e o dobre de derrotas .
Declaracións de Javier ó final da liga daban a entender que se deixara gañar ó remate da competición para non ter que ascender , pero todos sabemos que a súa posición debería ser en condicións normais por debaixo da de Cobas polo xogo visto a cada un deles , e non digamos con respecto a Xanín , e polo tanto a súa posición real final debería haber sido 7º ou 8º .
3 comentarios :
hay que se imformar mellor eu acadei as 9 victorias co que deberia estar na rerceira posicion.un saludo.
Vamos a ver Vice o que conta é o que está na páxina oficial do torneo e alí so tes oito victorias . Asique se é que tes razón , que o dudo , é alí a onde debes dirixir as tuas críticas . De todolos xeitos a túa clasificación está por riba do teu nivel a tenor dos comentarios dos teus contrincantes , o que pasa que eles non disputaron tantos encontros e de ahí a túa posición final
se ve que el director deportivo aprendió a ejercer las mismas artimañas que ejerce en el futbol en el tenis (LA MAFIA), la rumorología indica que si no fuera por esas malas artes no ganaría un partido
Publicar un comentario