sábado, 27 de junio de 2009

COMIDA FÍN TEMPADA

comida fín tempada 08-09
Aquí podedes velas fotos da comida fín tempada celebrada este sábado 27 de Xuño , con nós estivo como o ano pasado o conxunto do Agrón , en ambiente festivo reunironse nunhas sesenta persoas na área recreativa de A Baña . Non faltaron a cita o churrasco , os criollos e a rosca , regados con bo viño e cervexa , o café e licores variados deron paso ás partidas de cartas , e ás animadas tertulias ata ben entrada a tarde .
Como ben sendo habitual dende os últimos anos , repartironse os trofeos ó pichichi que recaeu en Paco , ó xogador máis destacado que foi para Nando , e o trofeo a Xarra que valora a persoa máis asidua tanto ós encontros , como o pospartido e ás ceas que o acadou Moreno. O derradeiro trofeo foi para Cobas pola súa adicación o equipo , xa que logo de tomar ás rendas do equipo , antepuso en moitas ocasións ós veteranos a compromisos persoais adquiridos , cousa que moi poucos de nós estamos ás veces dispostos a facer , e que debe de dar exemplo a algúns de compromiso e lealdade os colores .
A directiva co seu presidente á cabeza quiso , como non pode ser de outra maneira , con esta enésima comida agradecer o apoio dos socios e colaboradores que fan que esta gran familia sega a medrar , e que perdure por moitos anos no tempo . Moitos dos asistentes do conxunto do Agrón manifestaón as ansias de acadar pronto a idade necesaría para poder entrar a formar parte deste gran equipo humano que son o Negreira Veteranos

No hay comentarios :