viernes, 22 de mayo de 2009

XORNADAS DE AVENTURAS

Ruta de sendeirismo:
Data : Sábado 13 de xuño.
Hora saída: 9:30.
Lugar saída: campo da feira.
Tipo ruta: circular.
Kilómetros: 8,5 km.
Nivel dificultade: medio.
Prazo anotación: venres 12 xuño.

Pequena camiñata polos arredores da vila recomendable para xente con pouca experiencia neste tipo de actividades e sin necesidade dunha gran condición física, tampouco se necesitan grandes dotes de orientación, xa que estará ben sinalizada.

Recoméndase levar un calzado axeitado xa que alterna zonas de terra con outras de asfalto, tamén é importante ir provisto de auga e de algún alimento para o camiño.

Ruta cicloturista:
Data: Sábado 27 de xuño.
Hora saída: 10:00.
Lugar: campo da feira
Hora regreso: 14:00 aprox.
Ruta: asfalto.
Kilómetros: 40 km.
Nivel dificultade: medio.
Prazo anotación: venres 26 xuño.

En esta 1ª ruta que se fai no noso concello o que se pretende é impulsar o uso da bicicleta entre os nosos veciños e poñer en valor unha actividade tan saudable como é facer deporte e coñecer un pouco máis o noso entorno.

A pesar de ser unha ruta sinxela, recoméndase que a xente teña unha mínima costubre de montar en bicicleta, xa que podemos ter algun problema físico ou algunha molestia que nos impida chegar á meta.

O uso de casco e obligatorio, e recomendase levar pantalón culote de ciclista e ir ven provisto de auga ou de outras bebidas enerxéticas. A seguridade dos participantes é moi importante, polo que o Concello de Negreira dotará á proba das medidas de seguridade necesarias para levar a cabo unha proba deportiva coma esta.

Para anotarse:
Telf.: 981.885 886 email: culturadeportes@concellodenegreira.esEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

No hay comentarios :