viernes, 8 de mayo de 2009

VETERANOS NO TENIS

Imos comentar hoxe o que están a facer na liga de tenis ós nosos asociados , xa que temos novidades dende o derradeiro artigo sobre o tema .
En primeira división Santi está a seguir o mesmo camiño que en fútbol , está indo de máis a menos , dado o seu inquietante momento de baixón físico , e cae ata a 6ª praza con 3 victorias e 3 derrotas . Quintáns está 8º cuns números similares ós anteriores e conta con 2 victorias e 4 derrotas . O que non mellora , pero tampouco vai a peor (eso é imposible) é Francés que conta ás súas seis actuacións por derrotas , esto estase achacando dende a dirección dos veteranos a que este ano apenas asistiu ás ceas .
En segunda é donde temos o cambio máis significativo , xa que logo da reprimenda dende o clube a Caporro , esté comprendeu que a grandeza dos veteranos non se podía arrastra polas pistas de tenis , e logo de maratonianas sesións de adestramento en Pedra Mamoa coas posteriores sesión de recuperación no Suarez , derón os seus frutos e acadou xa a cuarta posición con catro victorias e dúas derrotas . Pola contra Carballo segue empeñado en facernos sufrir e non mellora ós seus rexistros , 1 victoria e catro derrotas , a pesar de que o ritmo de adestramentos é o mesmo que o de Caporro , pero a diferencia é que Carba non fai logo as sesións de recuperación (será por iso) . Vidas paralelas seguen Cobas e Roberto (Xanín) , ben clasificados o principio e agora 6º e 7º respectivamente , con 4 victorias e tres derrotas cada un , están a experimentar un baixón nos seus resultados , aínda que non tan significativos como os de Santi en primeira división . Ambos complican ás súas posibilidades de ascenso , en deprimento de Caporro , que manifestounos que vai loitar por ascender e cubir así a praza que vai deixar Francés en división de honor , e seguir polo tanto , os veteranos , con tres representantes nesa categoría .

1 comentario :

Anónimo dijo...

que eu sepa o xoves disputouse un derby nas pistas miyatovich e o mister.duelo de titanes victoria de miya por 6-2,6-4