viernes, 1 de mayo de 2009

SUBCAMPIÓNS INTERCOMARCAIS E CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Logo do éxito acadado ó conquerir o campionato comarcal , os rapaces do equipo de alevíns das escolas deportivas de fútbol sala do concello de Negreira , tiveron o premio de participar na fase intercomarcal onde se enfrontaron ó equipo de Calo , o resultado foi de 10 a 4 a prol do equipo de Teo .
De tódolos xeitos este subcampionato foi o agasallo que pon fín a unha tempada , que dará remate o vindeiro 16 de Maio coa xornada de clausura das escolas deportivas do concello de Negreira , e á que están invitados tódalos rapaces e rapazas que participaron nas actividades propostas dende a delegación de cultura e deportes do noso concello , así como país , familiares e público en xeral que poderán disfrutar das actuacións dos pequenos de Barcala .
Este será o programa dese día :

Lugar: Pavillón de Pedra Mamoa.
Data: 16 de maio de 2009.
15:45 h.- Exhibición Escolas Deportivas de Patinaxe.
16:20 h.- Exhibición Escolas Deportivas Ximnasia Artística/Rítmica.
16:50 h.- Exhibición Escola Deportiva Atletismo.
17:10 h.- Exhibición Patinaxe Artístico. “CLUBE DEPORTIVO FONTIÑAS”. Santiago de Compostela.
17:40 h.- Exhibición Kárate a cargo do Clube o Coto de Negreira.
18:20 h.- Partido Fútbol-sala (Cat. Prebenxamín).
Esc. Dep. Negreira – Esc. Dep. Lousame
18:50 h.- Exhibición Escolas Deportivas de Predeporte.
19:10 h.- Partido Fútbol-sala (Cat. Benxamín).
Esc. Dep. Negreira – Esc. Dep. Lousame
19:40 h.- Exhibición Escolas Deportivas de Tenis.
20:10 h.- Partido Baloncesto
Esc. Dep. Negreira – Esc. Dep. Brión
20:40 h.- Partido Fútbol-sala (Cat. Alevín).
Esc. Dep. Negreira – Esc. Dep. Lousame

Dende as 17:00 h. ás 19:00 h. haberá unha demostración de Tiro con Arco no Aparcamento do Pavillón a Cargo de mestres da F.G.T.A.

Haberá camisetas conmemorativas para todos os participantes así como agasallos para os rapaces que participaron nas distintas modalidades deportivas.

Máis información pinchando na imaxe


No hay comentarios :