domingo, 31 de mayo de 2009

SUBCAMPIONATO INTRECOMARCAL PARA OS BENXAMÍNS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL SALA

RESULTADOS 2008-2009
http://docs.google.com/Doc?id=dhkkxtcv_115dsmbcrdh


Este venrés e logo de moitas improvisacións por parte da desorganización da competición , tivo lugar no "segundo mundista" pavillón Quiroga Palacios de Conxo , a fase intercomarcal que reune ós campións das súas respetivas comarcas .
Alí se achegaron o noso equipo de Benxamíns A , como campión da súa zona ,(lembrar que o equipo B quedou segundo no mesmo grupo) , ás dudas iniciais pola falta de algún xogador , que veu dada porque os pais non confirmaran tal extremo , sumaronse unha pista que non era a ideal para os nosos intereses , demasiado lenta , e as dimensións do esférico que eran máis reducidas das acostumadas polos nosos .
Finalmente acadouse o subcampionato nun encontro disputado ante os rapaces do Millodoiro , que gañaron os nosos por dous a cero . Non xogaron ó nivel o que nos teñen acostumados , e dispuseron de poucas oportunidades en ataque . Para máis "inri" a victoría dos de Ames , comenzou a cimentarse nun saque de banda que o improvisado colexiado indicara a favor dos de Barcala , pero que eles moi intelixentemente puseron en xogo , collendo a nosa defensa descolocada , e achegando o un a cero a libreta do colexiado (pois o marcador non existía), e de nada serviron as airadas protestas dos adestradores que acababan de recibir o inxusto gol . Pouco antes do descanso acadaron o segundo e á postre definitivo gol . No comenzo da segunda parte tentouse de acadar un gol que pusese a emoción ata o final do encontro pero este non chegaba e comenzaron a facerse cambios tentando de contrarestar o seu sistema 2-2 de xogo , xa que pasaban os minutos e os de Negreira non impoñíamos o seu , chegaron as ocasións pero non os goles.
Felicitar a tódolos rapaces que foron a xogar nun día de intenso calor , que non invitaba á realización de ningún esforzo físico , pero este subcampionato foi un merecido premio .
Esperemos que a organización tome nota das cousas mal feitas este ano e que se corrixan o que ven , ó mesmo tempo que dexesamos ós nosos equipos éxitos ainda maiores na vindeira tempada.

No hay comentarios :