jueves, 28 de mayo de 2009

XUÑO VAI SER O MES DA BICICLETA NO NOSO VAL

Ciclismo de altura nas nosas terras , xunto coa primeira etapa da volta á Coruña o día 4 do mes de Xuño que pasará pola nosa vila , disputerase logo o día 20 do mesmo mes unha proba ciclista na categoría sénior . Lembravos que o día 27 , celebrarase a xa anunciada nesta páxina , marcha cicloturistica a San xoán do Carballoso

A sede da Diputación de A Coruña acolleu onte a presentación da VIII edición da Volta Ciclista á provincia, que se celebrará os días 4, 5 y 6 de xuño, conforme ó seguinte calendario: O 4 de Xuño será a primera etapa con chegada e saída en Padrón, e discurrirá por Rianxo, Boiro, Noia, Negreira, Ames, e Rois. A segunda etapa terá a sua saída e chegada en Ordes e os ciclistas pasarán por Cerceda, Malpica, Ponteceso, e Carballo. A terceira e última etapa, o 6 de xuño, partirá dende a localidade de Fene e rematará en As Pontes, discurrindo por Cedeira, Valdoviño e Neda.

A participación será de 19 equipos das categorías elite e sub 23, seis deles son galegos e o resto proceden de outros puntos de España, Francia, Portugal, e incluso de Uruguay.

A Diputación é o patrocinador único deste evento deportivo, ó que destina un presupuesto de 125.500 euros, según os datos aportados polo presidente provincial, Fernández Moreda que destacou o apoio que dende esta institución se presta ó fomento do ciclismo, xa que organizan ademáis múltiples probas para os máis Xóvenes, a a concesión de axudas a practicamente todolos clubes da provincia.

RELACIÓN DE CLUBS PARTICIPANTES

Aluminios Cortizo, Padróns (Padrón); Artesanía de Galicia-Cidade de Lugo (Lugo); Caixanova, Spol (O Porriño); Chint-Autronic, Vigues (Vigo); Cymasa-Luis Ocaña (Cambre); Renault Caeiro, (Cambre); supermercados Fríos (Poio); Andalucía Cajasur (Córdoba); Azysa Conor WRC (Navarra); Cafés Baqué (Biscaia); Cidade de Oviedo (Asturias); Construcións Paulino (Asturias); Estremadura Spiuk (Badaxoz); Naturgas Enerxía (Araba); Crédito Agrícola (Portugal); Dr Seguros – Mortagua (Portugal); Palmeirs Tavira (Portugal); Santa Maria da Feira-E. Leclerq (Portugal); e Selección Uruguaia.

Pola sua parte, o presidente da federación galega, Sabino Cortizo, destacou o número de clubes participantes e que por primeira vez "esté a selección de Uruguay", unha das tres novidades da edición,ena que tamén incrementaránse as accións de promoción, xa que celebraránse tres probas para cadetes en Dodro (30 de maio); Teo (25 de xuño); e Malpica (29 de xuño); e para sénior en Negreira (20 de xuño); Sada (21 de xuño), e Cambre (9 de xuño).

No hay comentarios :