miércoles, 27 de mayo de 2009

NOVAS DAS OBRAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS


O novo peche perimetral do campo de fútbol municipal de Cepelo, e mailas reformas no recinto do parque de O Coto marchan a moi bo ritmo como se pode comprobar nas imaxes tomadas esta mesma semana. Son dous dos proxectos incluidos no Fondo Estatal de Investimento Local do Goberno Central por valor de 80.000, e 86.712 euros, respeitivamente.

En Cepelo, a empresa xa levantou a totalidade do muro de contención na zona das gradas, cuia cuberta vai ser sustituida por unha nova, ademáis de levantarse o resto do peche no perímetro do recinto de xogo, polo que estos días estáse rematando a zona de entrada ó campo.

No parque de O Coto, os traballos tamén están moi avanzados. Xa se principiou coa instalación da bancada para público na polideportiva descuberta, e levantouse un muro enriba dos vestiarios da piscina, tamén acondicionados para evitar as goteiras no inverno. Agora mesmo os obreiros traballan na preparación da futura pista de chave xunto á polideportiva.

En breve, segundo apuntaron hoxe fontes do equipo de goberno, comenzarán tamén as obras no pavillón de deportes de Pedra Mámoa, unha vez rematada a tempada de fútbol sala e das escolas deportivas, cuio importe de adxudicación ascende a 232.000 euros. Consisten na sustitución de toda a cuberta da instalación, e maila superficie interior da pista de xogo por unha nova de material máis acorde para a práctica deportiva.

A Xunta de Goberno Local celebrada o 30 de marzo deste ano, tamén adxudicou definitivamente o proxecto de dúas acometidas para suministro eléctrico dos campos de fútbol municipais Xesús García Calvo e de Cepelo, á empresa Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., no procedemento negociado sen publicidade que se tramitou ó efecto. O seu importe de adxudicación ascende a 153.912,33 euros, cuias obras comenzarán próximamente.

No hay comentarios :