lunes, 25 de mayo de 2009

CRÓNICA VETERANOS

REMATOU A LIGA E COMENZAN AS VACACIÓNS , PERO ALGÚNS DEBERÁN SERGUIR TRABALLANDO PARA QUE TODO ESTE LISTO PARA O ANO QUE VEN NORABOA A TODOS OS XOGADORES POLA CAMPAÑA REALIZADA , GRACIAS ÓS SOCIOS E COLABORADORES POLO SEU APOIO , E SOBRE TODO A AQUELES QUE TRABALLARON , PARA CONQUERIR QUE ISTO SEXA POSIBLE :
Derradeira xornada de liga no municipal de Cepelo , ainda que en realidade era a dezaoito , xa que se trataba do encontro aprazado ala polos carnavais , contra o Cuntis .
As necesarias e benvidas obras do "vetusto" , peche perimetral , do renovado terreo de xogo e que trae consigo tamén unha nova iluminación , dexesada por moitos , sobre todo os que alí adestran , fixo que voltasemos a ter que cambiarnos nos vestiarios vellos (e algúns onde poidemos) , utilizados polo A.D.N. , pero que esta vez e motivado polas obras fixo os xuvenís que xogaban antes , deberan usalos "amplisimos" vestiarios que con asiduidade nos utilizamos .
As persoas que traballan coas categorias inferiores deben ensinar , os conceptos básicos do fútbol , e desenrrolar neles as actitudes necesarias para a práctica deste gran deporte . Pero non debe quedar neso so , a súa laboura , xa que teñen a obriga moral de formalos como persoas . A zona onde estaba estacionado o autobús (próxima o pazo) , quedou feito un pequeno basureiro , de latas e envoltorios , tralo tentempe que degustaron os visitantes , aínda que non moito mellor quedou o vestiario onde a presencia dunha "improvisada" papeleira que alí se atopa , pasou case desapercibida , para os da "Coru". So mentar ós que teñen a obriga de ensiñar , o que dixo Blaise Pascal , matemático francés ,"O último que se sabe cando se realiza un traballo é por donde escomezar".
Dito isto comencemos nós coa crónica desta xornada :
Encontro sen moita historia , e sen moito que xogarse tan so por parte nosa recuperar co Cuntis o gol "averege" particular ,á postre empatado .
Dominio local case que todo o encontro , minutos para algúns pouco asiduos . Gran gol de Nando , o primeiro , e que valeu para que se sacase o mal sabor de boca polo fallo dun penalti pouco antes. Logo dunha boa xogada , que comenza no laterai dereito cun pase a Paco que descaloca o equipo contrario e trás unha boa combinación ó borde da área chega o gol de Alfonso e fín da primeira parte .
Na segunda máis do mesmo , eles inquietando pouco a nosa portería , a non ser nalgunha xogada puntual como a do man a man co noso porteiro , trala perda dun balón no centro do campo e que colleu a defensa un pouco descolocada pero que supo rexeitar ben Bredu . Nos tíñamos ocasións como na primeira parte , pero atopabamonos co seu porteiro que fixo un bo partido , ata que nunha das imnumerables veces que desequilibrou Paco pola súa banda , cede en bandexa o terceiro a Alfonso . Por parte deles perderon opción de algo máis positivo para os seus intereses neste encontro , debido ó exceso de individualismo de algún dos seus xogadores .
No terreo do emotivo as despedidas de aqueles que pensan que deben facer un paréntesis nesto do fútbol ou deixalo definitivamente . Curioso e anecdótico o de Ponte , él tan amante dos balnearios , o vai deixar trás xogar cun equipo vido dende unha vila termal .
Agora toca renovala directiva , extructuralas encomendas que terá cada un e meter xente que de un novo impulso e veña con forza para seguir adiante con este proxecto .
!!!!Debemos comenzar nesta primeira quincena de xuño a tempada que ven , para logo de ter todo ben atado , poidamos descansar ata finais de Agosto !!!!!!!!!!! , e que non pase o do ano pasado , Director Xeral : Carpe diem quam minimum credula postero (no deixes para mañán o que poidas hacer hoxe).

3 comentarios :

valdebarcala dijo...

Merecido descanso despois dunha tempada de competición e para os que traballades na sombra, animo que as cousas ben feitas sempre teñen a recompensa do agradecemento das persoas que vos seguimos.
Dende valdebarcala grazas pola labor informativa que levades a cabo.

veteranos dijo...

Gracias Valdebarcala polo voso opio , e non esquezades que a quen da con alegría esa alegría é o seu premio . Seguide así dende o fio que tedes aberto no Val de Barcala , e o agasallo tédelo garantido.

javier vilela dijo...

Parabens a todo o equipo dos veteranos (xogadores e directiva).
Agardemos que o próximo ano ainda sexa millor e se consiga algunha meta máis grande ( Titulo de liga ou copa).
Recordos ao Pirroto, que rumorease que o quere deixar , só unha pregunta ¿Que seran os veteranos sen o Pirrotiño?