martes, 21 de abril de 2009

TEMOS UN CAMPIÓN GALEGO EN KARATE


O pasado 18 de abril, Santiago de Compostela acolleu a celebración do Campeonato Gallego Infantil nas modalidades de kata e kumite individual. A competición é organizada pola Federación Galega de Karate (FGK) en colaboración co Concello de Santiago e a Agrupación Deportiva Galaika. Nun Pavillón de Santa Isabel ateigado de afecionados , con máis de 400 participantes dos 48 clubes inscriptos , os nosos representantes do clube de karate o Coto , acadaron nada máis e nada menos que 5 podiums.
En KATA Carla Rodriguez foi terceira no cadro feminino e José Carlos Carballo acadou o 2º posto no masculino .
Foi en KUMITE onde ainda se melloraron máis os xa bos resultados da outra modalidade . En menos de 40 kilos José Carlos Carballo Gonzalez acadou o máis alto do pidium , esto serveulle para ser selecionado directamente para o campionato de España a disputarse no multiusos de Cáceres o vindeiro fín de semán . Mentras en menos de 50 kilos Noel Cives foi segundo en masculino e Verónica terceira no feminino . Tanto Noel como Verónica e Carla foron preselecionadas pola seleción galega para disputar o mencionado campionatp de España .

2 comentarios :

valdebarcala dijo...

Felicidades a todolos karatecas do Clube de Karate O COTO, polo exito acadado, e a todos os que fan posible que os nosos rapaces estén ahí.

Anónimo dijo...

Parabens a todolos componentes do equipo do Coto de Karate, desesandolles moita sorte os rapaces que teñen que disputar o Campionato "estatal"