miércoles, 1 de abril de 2009

PREBENXAMÍNS CAMPIÓNS

Os prebenxamíns de Negreira veñense de proclamar campións , a falta de duas xornadas para o remate da competición , no seu grupo de deporte en idade escolar , onde competía cos concellos de Brión , Sta. Comba e Portomouro . Un total de 45 goles a favor por tan so 3 en contra (en cinco encontros), dan boa conta da seriedade defensiva e o gran poder ofensivo destes rapaces que son o futuro do noso fútbol , e quen sabe si dos veteranos , varios dos rapaces deste equipo son as astillas dos paos ,que xogan ou dirixen na actualidade os derroteiros do Negreira veteranos .
En canto o equipo de alevíns tamén estes están en disposición de acadar a primeira praza sempre e cando no próximo partido contra Sta. Comba acaden cando menos un empate , e tendo en conta que os de Sta. Comba teñen un partido previo no cal deben gañar para chegar frente os nosos rapaces con opcións de ser primeiros do grupo.
Nos benxamíns o equipo A conta os seus partidos por victorias e camiña firme cara o título , curioso é que o seu inmediato seguidor é o equipo B de Negreira que ata o de agora tan so perdeu cos seus compañeiros do A , e manteñen as opcións de ser primeiros ou cando menos tentar acadar o subcampionato

3 comentarios :

Anónimo dijo...

Nótase que teñén na portería á segunda xeración de grandes porteiros que dou factoría Berdullas .

santabaia dijo...

Felicidades os campións.
E a seguir traballando para chegar mais aló.

chorima dijo...

Noraboa para todos os nenos das escolas deportivas que nos fan vibrar tanto en cada partido xa que poñen toda a súa ilusión e como non tamén os sues coñecamentos de fútbol, que cheguedes moi lonxe aínda que acabedes nese gran clube de VETERANOS DO NEGRIRA do que forman parte a maioría dos vosos pais. Un saúdo para os adestradores Abel e Luis pois eles teñen moita parte no esforzo destos nenos Bo traballo amigos.
Parabéns para os nenos de Karate que teñades moita sorte no campionato nacinal