jueves, 23 de abril de 2009

NON ESTAMOS TAN MAL EN ATAQUE

A falta de tres xornadas (catro para nós) , temos que comenzar a analizar o que aconteceu este ano , e do cal faremos un amplio resumen cando se de por rematada a tempada .
Hai unha certa sensación de que coas baixas Couso , Pipi e Cobas perdemos moito poder ofensivo , pero nada máis lexos da realidade , o certo é que a mellor tempada a efectos estadísticos positivos ata o de agora na división de Honor , está considerada e así se palpa no vestiario o 07-08 . Pero na tempada pasada marcabamos 1 gol cada 48 minutos cun promedio de 1,80 goles por encontro ata acadar un total de 47 goles . Pois ben nesta marcamos un cada 46 minutos a razón de 1,95 por partido e un total de 43 goles (a falta de catro encontros) .
Entón a diferencia está nos goles que encaixamos , e é que este ano tivemos máis dunha páxara . Perdemos por unha diferencia de máis de tres goles en partidos como Alambique , Cuntis ,Xallas , Romel , Automir e Rosalia nada máis e nada menos que 24 goles en seis partidos , máis da metade dos encaixados (É decir 24 en 6 partidos e 18 nos outros 16 encontros , o que fai o total dos 42 que temos en contra)). Estes datos de goles encaixados acheganos á tempada 06-07 , e sendo mellores claramente eso sí que a 05-06 .
Esta claro que nos deixaron tres grandes xogadores ,que votamos moito en falta , e é posible que culpa delo sexa polo que este ano encaixamos máis goles que a tempada pasada , pero o que é indiscutible que de cara á portería contraría estamos incluso mellor que o ano pasado.

4 comentarios :

Anónimo dijo...

O home das estadisticas, sempre igual, o importante é o final da tempada conseguir os obxectivos marcados. Agora non é tempo das estadisticas e si de por todo o empeño en conseguir matematicamente canto antes manterse na categoria.
FORZA VETERANOS.

Barquero dijo...

O que non temos que facer nestes catro partidos que quedan é tela actitude que tivemos co Cuntis , Rosalía , Xallas , Dodro e sobre todo no da eliminación da copa . Pero é certo eu pensaba que o ano pasado tíñamos máis goles que este ano .

ponte dijo...

hay que darse cuenta tambien de la labor defensiva que hacían esos hombres(sobre todo pipi) que eran un apoyo a defensa y medio campo y otra cosa es que teniamos mucha más profundidad de banquillo con lo cual la gente estaba mucho más fresca cosa que el mister este año echa bastante de menos. aparte de eso hay que decir que los hombres de arriba estan a hacer una buena temporada.
ahora como dijo barquero a matar la liga ya, no esperar a los dos últimos partidos hay que ganar en dodro.

Chocolatero dijo...

Chichi ti si que sabes , pero o Pirroto quedou sorprendido cando supo desta nova , e pensa empirrotarse con algún o sábado sobre todo se gañamos , el é moi criticado , todo o contrario que ti que eres como Tomás o do atlético e da selección , non lle apuntas pero sogas estea o mister que estea , e é que eres un bomboncito .
A morte en Dodro , so vale a victoria . E vai marcar Capi .