sábado, 18 de abril de 2009

EXCELENTE ARTIGO SOBRE LUIS CALVO

DENDE A PÁXINA WEB DO VAL DE BARCALA VENSE DE PUBLICAR UN ARTIGO QUE NON TEN DESPERDICIO SOBRE A TRAXECTORÍA DE LUIS CALVO , O CAL DENDE AQUÍ SEGUIMOS ASIDUAMENTE . DADO O GRAN VALOR DO ARTIGO , VEMONOS NA OBRIGA DE "PLAXIALO" PARA FACER PARTICIPE DO MESMO A QUEN NOS SEGUEN.
PODES LEELO EN VAL DE BARCALA . XA SABEDES TAMÉN QUE PARA SEGUIR AS NOVAS DESTA PÁXINA TEMOS UN ENLACE NO APARTADO DE BARCALA NA REDE .

Na bisbarra do Val de Barcala, a comarca do interior de Galicia onde o verde e o azul amalgaman en perfecta conxunción de elementos o arte puro e natural máis espectacular do mundo, naceron abundantes e destacados homes e mulleres que co seu extraordinario talento, poñen sobre o mapa o nome do noso sempre amado Val.

O nome de un destes grandes barcaleses dos que falo, é Luis Calvo, xoven deportista barcalés, óso duro de roer, que tanto sobre a bicicleta como sobre as pernas que deus lle propuxo e a súa nai afinou, está a colleitar éxito tras éxito nas competicións nas que decide participar.


Luís comenzou a súa andaina case que por casualidade, como moitos dos máis grandes campións... cando uns amigos, sabedores do seu potencial, lle presentaron un bo día ó mítico Xesús Blanco Villar, corredor emblemático para moitos dos que medramos nos 80 coas increíbles etapas da volta ciclista a España cos galegos Blanco Villar e Álvaro Pino como entandartes da nósa patria do fogar de Breogán...

Na bisbarra do Val de Barcala, a comarca do interior de Galicia onde o verde e o azul amalgaman en perfecta conxunción de elementos o arte puro e natural máis espectacular do mundo, naceron abundantes e destacados homes e mulleres que co seu extraordinario talento, poñen sobre o mapa o nome do noso sempre amado Val.

O nome de un destes grandes barcaleses dos que falo, é Luis Calvo, xoven deportista barcalés, óso duro de roer, que tanto sobre a bicicleta como sobre as pernas que deus lle propuxo e a súa nai afinou, está a colleitar éxito tras éxito nas competicións nas que decide participar.


Luís comenzou a súa andaina case que por casualidade, como moitos dos máis grandes campións... cando uns amigos, sabedores do seu potencial, lle presentaron un bo día ó mítico Xesús Blanco Villar, corredor emblemático para moitos dos que medramos nos 80 coas increíbles etapas da volta ciclista a España cos galegos Blanco Villar e Álvaro Pino como entandartes da nósa patria do fogar de Breogán...

En fin, que como non quere a cousa, Luis enrolouse nas filas do C.C. Compostelano. O seu debut, segundo nos conta o bo de Luis, foi preto de Vigo, e con todo en contra. Luis, como se de unha película de Blake Edwards se tratara, era a primeira vez que montaba nunha bicicleta de carreiras con equipación... o día lamentábase en xeito de granizo e frío... Luis pagou a novatada e non lle quedou outra que abandonar...

Pero amigos desmesurados que sodes... Este tipo de debuts son habituais nos campións, que se forxan a base de quebrantos como o narrado... e así, na seguinte proba, o campión barcalés, xa acadou un máis que meritorio 10 posto na que se debe considerar a primeira carreira de Luis, pois foi certamente a primeria que concluiu.

Á vista do increíble potencial, Luis ficha polo equipo do Cambre, pero un lamentable atropelo dun camión do que saleu afortunadamente con vida, fustrou a súa segunda tempada no ciclismo.

Foi na terceira tempada onde os sedus podios co equipo do Estradense confirmaban a Luis como un ciclista prometedor, cun peculiar e único modo de competir (Made in Barcala pensamos nós) que facía intuir un futuro cheo de éxitos.

As ofertas van chegando (incluso dende o pais veciño de Portugal, onde todos sabemos que moitos deportistas galegos acaban por mor de mellores soldos)... e sen embargo, lamentablemente, tamén chegan atropelos con estancias no hospital que fustran de novo as expectativas e o impulso de este gran deportista.

Xa co mono de competir, Luis non se conforma co ciclismo de ruta, senon que na seguinte tempada, comenza a competición tamén en Mountain bike, e en carreiras pedestres, onde os resultados eran apabullantes, e íase forxando unha auténtica lenda para o deporte barcalés.

Luis decide abandonar o ciclismo en ruta por mor de que , en palabras de Luis, “o ambiente no ciclismo empezaba a empeorar, e as carreiras iniciaban o declive que as levou ó triste estado de hoxe…” non sin antes deixar selo de que podía seguir a facelo con garantías, pois fai podio en 3 das últimas 4 carreiras... Ahí queda eso debeu pensar o bo de Luis, que pese a que aínda a día de hoxe segue a recibir ofertas para voltar á carretera, afirma que non o bota de menos e que non se plantea voltar... unha ledicia para os rivais dende logo...
Animado polos éxitos do mountain Bike, onde en pouco tempo xa facía podios, Luis coñece o ambiente do atletismo, polo que comenza acompetir en carreiras, e chegan as vitorias en incontables probas, nesta voráxine victoriosa, comenza a competir en Cros, e pasa o que ten que pasar cun camión da súa raza... novas victorias.

Así nas cousas, decide probar tamén na disciplina do Duathlón... onde, xa podedes imaxinar, continúan as victorias (a última o pasado día 04 de Abril de 2009 no Duathlon do Concello de Santiago).

Impresionantes os éxitos acadados por Luis, un xoven barcalés que leva con humildade os seus triunfos e que vai camiño de se converter nunha lenda viva do deporte de Barcala. Un xoven que merece todos os aplausos do mundo, e por suposto, chegará un bo día no que toda a comarca lle debamos unha fermosa homenaxe, pois os seus triunfos levan detrás o nome do noso Val, e iso é algo que debemos agradecer sempre,. Amigos do Val de Barcala, non nos cabe nengunha dúbida de que estamos a falar dun dos mellores deportistas da historia do Val de Barcala, senon o mellor.

Aquí deixamos parte do currículum de Luis que acredita o dito:

1º posto Duatlón Santiago
1º posto Carreira solidaria Saharauis.
2º posto 5000m Pontecesures.
2º posto 7000m Valga.
2º posto Cros 13500m Monte Castrove, Pontevedra.
3º posto 5000m Bertamiráns.
2º posto Subida ó Angliru.
4º posto Campionato Galego de Media Maratón.
1º clasificado Campionato España Duatlón ca Selección de Galicia, Valencia.
1º clasificados por equipos na Copa de Espña de Duatlón en Pedradas, Valladolid.
1º posto 5000m Pontecesures.
3º posto Media Maratón Ferrol.
14º posto Carreira de Santiago.
1º posto 7000m Bertamiráns.
1º posto Subida ó Angliru.
3º posto Media Maratón Pontevedra.
3º español Media Maratón Vig-Bay (10 clasificado)
2º posto no cros 10000m CUVI (Vigo).
1º posto Duatlón Teo.
1º posto Duatlón Milladoiro.
2º clasificado Maratón Nocturna Campo a Través en Parella de Valtiendas, Segovia. (Con Estévez)
Circuitada nocturna de Lugo.
2º posto xeral Circuitada noctuna de Lugo.
1º metas volantes Circuitada nocturna de Lugo.
1º posto cronoescalada a Escusa.
4º posto Campeonato galego CRI da categoría élite.
3º posto Campionato de Galicia de Mountain Bike na categoría élite.
2º posto no premio da montaña de O Porriño.
2º posto noPremio Montaña Volta a Asturias.
Circuitada nocturna de Lugo
2º posto na xeral da Circuitada nocturna de Lugo.
2º posto metas volantes Circuitada nocturna de Lugo.
2º posto sprints especiais Circuitada nocturna de Lugo.
3º clasificado galego Volta Ciclista a Galicia.
Trofeo Deputación de Pontevedra, Forcarei.
3º xeral.
3º metas voantes.
3º no premio da Montaña.

1 comentario :

val de barcala dijo...

Moitas gracias compañeiros. Dende logo que non é un plaxio, e o consideramos como unha colaboración entre webs do Val de Barcala, gracias por utilizalo, e sempre que queirades podedes coller todos os artigos que teñades a ben, faltaría máis!!

Unha forte aperta e gracias polas vosas palabras.