martes, 21 de abril de 2009

Don Budi e Bar Muiño, campións da Liga de Fútbol Sala

Na foto a formación de C.Quintáns
Do máis emocionante resultou a disputa das dúas finais da Liga de Futbol Sala do Concello, celebradas onte luns pola noite no pavillón dos deportes de Pedra Mámoa, onde o equipo de Don Budi, de Bertamiráns, proclamouse campión da Primeira División ao vencer na tanda de penaltis á Dársena, de Muros, despois do empate a un gol, mentres que na Segunda División un solitario gol de Iván Gómez deulle o triunfo ó Bar Muiño de A Baña sobre Construccións Quintáns, de Negreira.
Tralas dúas finais tivo lugar o acto de entrega de trofeos ós catro primerios clasificados, así como ó porteiro menos goleado e ao máximo goleador de cara división que máis abaixo reproducimos. Á entrega de premios asistiron o concelleiro de Deportes, Ángel Míguez, e mailo concelleiro de Cultura, Jorge Tuñas Caamaño en representación do Concello de Negreira, organizador da Liga, en colaboración con Breogán Deportes.
Partidos :
Na final da Segunda División bastou un golazo por toda a escuadra do bañés Iván Gómez, no segundo tempo para desnivelar a balanza a favor do conxunto do Bar Muiño de A Baña. Despois non houbo lugar para a remontada de Construccións Quintáns.
E na final da Primeira División, o titulo decidiuse na tanda de penaltis despois do empate a un gol no tempo regulamentario ao que chegou o enfrontamento entre os dous mellares equipos da competición: Don Budi (Bertamiráns), e A Dársena (Muros). Comenzaron adiantándose os de Muros por mediación de Brais Sendón, pero Jano faría o empate para Don Budi.
Choque de máis calidade que a final da Segunda División, pero que tamén resultou moi trabado e brusco nalgúns momentos, e a proba temola en que A Dársena rematou o encontro con tres expulsados. Na tanda de penaltis decidiu o porteiro de Don Budi, Chu quen parou o terceiro lanzamento de A Dársena por ningún fallo dos de Bertamiráns.
AS NOTAS DOS VETERANOS :
Destacar de todo isto que o equipo de Quintáns plagado de xogadores dos veteranos , peñistas , ex xogadores e futuros compoñentes do noso equipo , fixo un bo papel na segunda división onde o noso terceiro porteiro Marcos Perez foi o gañador do trofeo Zamora , sendo Moreno un dos máis destacados artilleiros da liga. En canto ó outro equipo con representación dos veteranos ,Xallas San Mamede , acadou a terceira posición nesta segunda división

No hay comentarios :