sábado, 25 de abril de 2009

AS CONTAS DA LEITEIRA

Tralos resultados desta xornada , podemos decir xa que o CUNTIS é equipo de División de Honor para a próxima tempada , noraboa a outro dos equipos blogueros , xunto con nós e o PEÑA NAVEGANTE (xa descendido) .
A última praza que queda de descenso será para un destes tres equipos Xallas , Negreira ou Barqueiro .
As posibilidades do Xallas pasan por gañar un partido (na próxima xornada visita Lalín e na última Roomel ambos fora)) , ou acadar dous empates .Tamén con un empate bastaríalle , pero teríamos que ver os resultados xerais deste equipo e do Barqueiro , xa que entre eles empataron os dous partidos ( penso que nestes intres é para o Barqueiro).
O noso equipo seguiría nesta división se empata na última xornada en Brión co Barqueiro , ainda perdendo os outros dous (Automir en Bealo na próxima xornada , e o aprazado co Cuntis en Negreira). Tamén un empate bastaría en un dos outros dous encontros sempre e cando o Barqueiro non nós gañe por máis de un gol . E por suposto acadando unha victoría en calquera dos tres partidos que nos faltan, faría que un ano máis nos mantivesemos .
Tódolos cálculos para o Xallas e o Negreira pasan porque o Barqueiro faga os seis puntos que lle restan por disputar (visita na seguinte xornada a M.Guadalupe e na última contra nós), de non ser así , este último sería equipo de 1ª división . Aínda facendo os seis puntos para manterse en división de Honor , tanto o Negreira ou ben o Xallas non deben cumprir ningunha das premisas arriba expostas , para que o barqueiro se poda salvar.
Polo tanto complicado o ten casa Barqueiro para non ser o cuarto equipo descendido esta tempada , ainda que en fútbol todos sabemos que cousas máis extranas xa se deron .
Agora ben a consigna do mister do Negreira , para estes tres partidos que nos restan ( complicados calquera deles ), é tentar facelos nove puntos e quedar o máis arriba posible na clasificación final , e para elo conxurouse o vestiarío este sábado en Dodro .
Creo que merecemos seguir un ano máis en división de Honor , xa que apesar de tódolos contratempos sufridos este ano , sobre todo no comenzo da tempada, e logo da boa campaña do ano pasado , a unión deste equipo e o xogo desenrolado en boa parte da competición de liga deben telo seu xusto premio .
Aupa "rodillo rojillo" como nos alcumou no seu día , o noso noutra hora cronista oficioso Chito , e que este ano votamos un pouco en falta por aquí .

1 comentario :

Unknown dijo...

FELICITAR O VOSO COMPAÑEIRO "PEDRAZA" POLO SEU PROXIMO ENLACE CON "ANA", SUPOÑO QUE PRONTO VOS REPARTIRÁ AS INVITACIÓNS PARA A BODA, TRANQUILOS É PARA DESPOIS DO VERAN, ASI QUE AINDA VOS DA TEMPO A COMPRAR O TRAXE........
EN FIN.....AS PREDICCIONS DE ALGUNS DE VOS FORON CUMPLIDAS......XA LOGO CHEGA A BODA....E DESPOIS VIRÁ O "BEBÉ".....SEICA SE SINTE VELLO E TEN MEDO DE NON TER TEMPO A FACER TODO.......HASTA AHORA SOLO LLE IMPORTABAN O FUTBOL E AS CEAS DO FUTBOL, PERO AGORA ENTROULLE TODA A PRESA DE REPENTE.......NON SEI QUE TERÁ ESA "ANA", PERO DEBE SER SORPRENDENTE......
POIS ALA.......QUE LLE VAIA BONITO