martes, 24 de marzo de 2009

Rosalía 4-Negreira 1

Rosalía 4 - Negreira 1
Derrota abultada a sufrida este fín de semán en Extramundi , a clave dela estivo do minuto 20 ó 25 da primeira parte . Ata ese momento as ocasións eran nosas e o xogo tamén , Nando ,Alijo ,Paco tiveron claras oportunidades de poñer por diante ó noso equipo , eles non conseguian dar circulación no medio campo ó balón ,e tan so podian facer desprazamentos en largo ós seus dianteiros sen causar peligro na nosa portería , pero foi no minuto 20 cando todo comenzou a cambiar.
Nun deses balóns largos que tiñán como case que único recurso os do Rosalía , ben por un esceso de confianza , ben por un bote extrano do esférico , o caso é que Suso non acerta a despexar en primeira instancia , anticipandose o dianteiro á súa acción , na posterior rectificación de intento de despexe o dianteiro xa tomara ventaxa , e o tentar facerse de novo co balón , traba o dianteiro que cae ó borde da área , falta e expulsión ó interpretar o colexiado que era o último home.
No lanzamento da mesma ,e xa cun home máis o Rosalia ,trás un mal xesto técnico do "Chipirón" ,acada o primeiro gol(era parable a todas luces un lanzamento frouxo e ó centro) . Cinco minutos máis tarde ,rotura de fibras do noso porteiro e para a ducha , como foi que Berdullas non asistiu o encontro , vemonos na obriga de poñer na portería a Moreno , que dende aquí ata o final fixo o que poido . Esto foi o comenzo do fín , no banquiño xente con pouco rítmo de partidos , e no campo inferioridade . De todolos xeitos eles non parecian estar en ten clara ventaxe ,e so nun contragolpe con fallo de marcaxe no borde da área , onde chega o balón que é rematado axustado ó pao , non podendo facer nada o noso improvisado porteiro.
Na segunda parte saimos con intención de tentala machada e comenzaron a chegar as ocasións ata que nunha boa xogada de conbinación , fan penalti sobre Nando que él mesmo transforma . Minutos despois cedemos un corner fruto de xogar sen porteiro ,no cal ,e noutro fallo de marcaxe ó borde da área acadan o terceiro gol . Seguimos plantando cara e chegou a clarisima ocasión marrada por Santi , so ante o porteiro, e que suporía o 3-2 , pódese decir que aquí foi onde baixamolos brazos definitivamente , faltaban 20 minutos para o remate do encontro , e comenzaba a notarse os 50 minutos en inferioridade . De aquí o final un novo gol deles que deixaría o marcador no definitivo 4-1 .
Posdata :A clave foi tamén a ausencia , neste encontro ,por un ou outro motivo ,de tres dos puntais da nosa defensa esta tempada . A Dirección técnica debe plantearse moi seriamente o de seguir dando este tipo de licencias co que nos estamos xogando

No hay comentarios :