sábado, 28 de marzo de 2009

¿ POUCAS NEURONAS ?


PINCHA NA IMAXE PARA VELA A MAIOR TAMAÑO
O acontecido hoxe no Municipal de Cepelo , pón de manifesto as teorias do noso premio Nobel D. Santiago Ramol y Cajal , de que as neuronas están comunicadas entre si de maneira complexa a través da sipnaxis . Agora ben o da Agrupación non é de tanta complexidade ¿oú si? , o receptor dunha mensaxe debea trasmitir á persoa competente para nomear ou designar ó trencilla de turno , pois parece que foi aquí onde a sipnaxis fallou . Queda de manifesto pola imaxe arriba publicada que por parte do Negreira lles foi comunicada a data , lugar e hora do encontro que nos tiña que enfrontar ó Cuntis , e para máis INRI , un dos nosos directivos na xornada precedente á da disputa do encontro , desprazouse á sede da Agrupación para realizar unha consulta , relativa á posible sanción de un dos nosos xogadores , na conversa mantida coa persoa encargada da atención ó público , comentouse reiteradamente o encontro que disputaríamos ó día seguinte . Agora ben desta conversa non temos lóxicamente xustificante , pero si do Fax remitido no seu día . Esperaremos novas dende a Agrupación aclarando definitivamente onde cometeron o erro , pero o dano xa está feito , os gastos de desprazamento do equipo visitante , os do equipo local no relativo ás instalacións deportivas . E o máis preocupante , a data a xogar o partido , xa que ata final de liga (16 de Maio) so quedan libres os sábados 11 de Abril (semana santa) , e o 2 de Maio (ponte do 1º de Maio) . Ambas de pouco agrado para o noso equipo polos compromisos que ten gran parte dos xogadores para esas fechas (boda ,viaxes programados, ... .) e tampouco apetecibles para o Cuntis , polo que se desprende dos correos cruzados con eles ó tentar de fixar a data deste encontro aprazado no seu día. A Agrupación ten un problema á vista , da que non é culpable o Negreira , e por suposto moito menos o Cuntis . Esperamos acontecementos ,e manteremosvos informados .
So coñezo duas formas de facelas cousas : ben ou mal . E por iso remato parafraseando ó mentado D.Santiago : "Lo peor no es cometer un error, sino tratar de justificarlo, en vez de aprovecharlo como aviso providencial de nuestra ligereza o ignorancia".

2 comentarios :

santabaia dijo...

Bo artigo.
Canta razón tes compañeiro, o que sucede no noso país, e que vivimos nun estado de relaxación anormal e cando se tenta traballar polo bo camiño, suceden cousas coma esta.
Un saudo.

O padriño dijo...

Ó parecer o problema estivo en que apesar de dar confirmación de recibido o fax non entrou na agrupación , xa que non o atopan , e que cando falaron o día antes do encontro, a persoa da agrupación entendía que estaban a falar dun encontro de copa (cando os dous equipos estaban eliminados) .De agora en diante xa sabemos que debemos confirmar calquer cambio , por fax e por teléfono e físicamente , e a máis de unha persoa , para que esto non volva a ocurrir , ó final a culpa foi nosa .