martes, 17 de febrero de 2009

ZONA BASI

Veteranos Negreira 1-1 A.Alambique
De oportunidade perdida pode calificarse o partido disputado no Anfield de Agrón diante dunha nutrida presencia de afeccionados que presenciaron o partido ante o Alambique con gran entusiasmo, en maior medida provocado polos efluvios etílicos aínda que tamén polo xogo desplegado polo seu equipo.
E digo o de “oportunidade perdida” porque aínda que a priori un empate ante segundo clasificado na táboa podería calificarse como resultado satisfactorio, o certo é que logo do visto sobre o terreo de xogo os tres puntos deberían quedar na casa.
E todo iso a pesar de que o Alambique se adiantou aos dez minutos obra de Ventura nunha xogada na que combinaron ben pola banda esquerda.
Pero este gol non desesperou ao Negreira que a partir deste momento incrementou a presión sobre o rival e sucedéronse as xogadas de gol unha tras outra. Por varias ocasións, Alfonso, Nando, Paco e un servidor tiveron ocasións claras de darlle a volta ao marcador desfavorable. Desta volta, co resultado en contra chegamos ao descanso onde o Mr. fixo fincapé en seguir na mesma liña. E en efecto, na segunda parte o xogo seguía a ser cousa do Negreira así como as ocasións. A máis clara foi unha de Alfonso cando faltaban cinco minutos para o remate do encontro na que nun man a man co porteiro, o balón saía a rentes do pau dereito da meta rival.
Cómpre destacar o gran rendemento de todos os xogadores, en especial e unha vez máis de Santi que está a despuntar definitivamente nesta temporada. Haberá que estar atentos ás próximas convocatorias da selección para ver se o trainer fai xustiza con este xogador.
Parece que esta vez sí atopamos a medida do noso potencial e ésta debería ser a liña a seguir nos próximos partidos. O partido co Cuntis antóxase coma vital para ir vendo a evolución a estas alturas da liga. Tamén deberemos estar atentos ao Barqueiro que está a dous puntos cun partido menos.

4 comentarios :

tesoureiro dijo...

Magoa de partido , algo parecido pasou co lider , ainda que tivemos menos ocasións e o partido foi máis equilibrado , o final nos dous poidemos acadalos tres puntos. Segunda volta con un punto máis que a estas alturas da primeira , pena do fiasco ante o Pepe Noia .

ULTRA dijo...

Caporro ata cando seguir negando como socios os ultras de pescadores de rio , "legalización xa", deste grupo radical .Deixaron o pel na banda polo equipo . Non a censura "Caporro dimisión". Deivid ,Dieguito , Susito ,Faxín , .......,SOCIOS XA!!!!!!!
CANTINA XA!!!!
MAFIOSO!!!!
DICTADOR!!!!!
ADMISIÓN DOS ULTRAS XA!!!!!!!!

CRONISTA dijo...

Eu creo que ULTRA ten razón. A mín case me caen as bágoas da emoción ao ver que tiñan unha caixa de quintos reservada para ós xogadores ao final do encontrol. LEGALIZACIÓN XA!

Anónimo dijo...

A SEMAN DE CHITO:

Hola amigos e detractores da miña sección.Con respecto os meus amigos un saudo moi forte e con respecto os meus detractores, xa vedes que sigo publicando e non vos teño medo ningun.Sei quenes sodes e onde vivides e porque lares vos movedes.Empezemos ca secion

ME GUSTA: A actitud do equipo o domingo que demostrou o caracter e a raza que se lle debe poñer a todo un gallito da categoria, que literalmente viviu na sua propia sangre o que e o medo escenico en todo un templo do futbol como e El pequeño Anfild de agron

NO ME GUSTA: algunhas frases que lle escoitei o terminar o partido a moreno, berdu,zarco e santi que dixeron que o seu club dos amores era o agron e que eles so vian os veteranos coma un traballo.E tamen comentaron que platanito e nando o meter goles besaban o escudo pero que se lle deran tres pesetas mais non dudarian en marchar pa maderas ramos

SABE LO QUE SE HACE.

Ponte que fixo un partido especial e antoloxico na saida do balon coma na recuperacion.Eres un crachhh miyagi

LA PILLA Y LA METE. Alfonsito que a pesar de ser un pesetero (segun din ponte e zarco)sigue demostrando que leva o gol tatuado na pel

YOU'LL NEVER WALK ALONE

hoxe non teño tempo a ecribir mais pq teño que escribir na paxina do liverpol unha seccion sobre rafa benitez.