lunes, 2 de febrero de 2009

XVII Campionato de Kárate de Negreira

O sábado 14 de febreiro de 2009 apartir da 17:00 h. vaise a celebrar o XVII Campionato de Kárate de Negreira no Pavillón Polideportivo de Pedra Mámoa, organizado polo clube de kárate O Coto coa presencia de máis de 200 deportistas competindo nas modalidades de kata e kumite.

Os clubes participantes son:
Clube Squash (Santiago), Colexio Inmaculada (Santiago), Colexio “Bispo Guerra” (Bertamiráns), Clube de Kárate de Valga , Asociación “San Simón” (Teo), Asociación “San Francisco” (Teo), Asociación “Galaica” (Bertamiráns) e a Asociación Deportiva “O Coto” de Negreira.

Na actualidade a entidade deportiva local conta con deportistas que forman parte da selección Galega como Xoán García, Viviana Pensado ou Cristy Tojo, e ten nas súas clases máis de 60 alumnos e alumnas nun dos clubes máis importante da provincia.

No 2008 Cristy Tojo, kárateca do clube negreirés, proclamábase subcampiona de España Junior na modalidade de Kumite logrando para Galicia a medaia de plata na localidade madrileña de Alcobendas.

No hay comentarios :