martes, 9 de diciembre de 2008

EN TENIS CAMPIÓNS GALEGOS

O Clube de Tenis Negreira logrou proclamarse campión de Galicia por equipos veteranos na segunda categoría de maiores de 45 anos, zona norte, ao gañar un partido o pasado sábado na cancha do Club Naval de Suboficiais de Ferrol, despois do contundente 6-1 logrado a anterior semana en Negreira.
Na volta da eliminatoria final en terras ferrolás, só necesitaban gañar un punto para alcanzar o ansiado ascenso á Primeira División de Veteranos, a nivel Galicia.
Non foi ata o encontro disputado polo capitán Carlos Suárez cando se logrou certificar o histórico ascenso, xa que antes xogaron algúns tenistas de Negreira que ata o momento non disputaran moitos partidos na liga. Despois, xa non chegaron a xogarse o resto de partidos por mutuo acordo dos capitáns de ambos equipos.
Este sábado día 13 os tenistas de Negreira asistirán na cidade de A Coruña, á festa que organiza a Federación Galega de Tenis como peche da tempada coa correspondente entrega de premios. Alí, recollerán os trofeos que lles acreditan coma campións da competición por equipos veteranos de máis de 45 anos, recén rematada, pero tamén os de campións galegos de dobres de máis de 35 anos, titulo revalidado neste 2008 por Juan Mesejo e Carlos Suárez. Este último, capitán do equipo, tamén recollerá o trofeo na súa condición de actual campión galego individual na categoría de máis de 45 anos, trofeos logrados o pasado mes de setembro durante a celebración do Campeionato Galego de veteranos disputado no Real Aereo Clube de Santiago de Compostela. Noraboa a todos eles, e ánimos para que a próxima tempada sigan sumando novos éxitos.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

Enhoraboa para todos eses tenistas, só dicirlles que se necesitan un bo sacador eu son a persoa que andan buscando e cobro pouco

Anónimo dijo...

Enhoraboa para todos eses tenistas, só dicirlles que se necesitan un bo sacador eu son a persoa que andan buscando e cobro pouco