lunes, 10 de noviembre de 2008

XXIX CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

De exitosa podese calificar a edición nº 29 da carreira popular de Negreira , esta proba ten o seu futuro asegurado , xa que moitos dos que participaron son atletas de primeirísimo nivel e teñen a Negreira no seu calendario dentro deste tipo de probas . Ademáis os cimentos están postos coa esisitencia dende o ano pasado das escolas deportivas de atletismo , nas cales os resultados están comenzando a verse .Na foto vemos a atleta máis xóven participante cruzando a linea de meta .
Tripleta de atletas africanos no podio final da vixésimonovena edición da Carreira Popular de Negreira disputada onte baixo unha incesante choiva. Marca de inscritos con 1.452 participantes, e triunfo para okeniano Titus Massai que estableceu un tempo final de 29 minutos e 49 segundos, avantaxando en trece segundos aos seus compatriotas Cherop Samson, e en 19 a David Kilel, o gran derrotado que partía coa bitola de favorito tras gañar na pedrestre de Santiago. Cuarto foi o marroquí Youssf El Kalai, e quinto o arzuán Lolo Penas (30.45) por diante dos portugueses Manuel Magalhaes, Nuno Valente e Ricardo Vale. O segundo mellor galego foi o negreirés, Luís Calvo Castro, noveno cun tempo de 32 minutos e 38 segundos.
En mulleres, as atletas de Portugal foron as grandes dominadoras da proba. Gañou Dulce Félix (32.59), décimo terceira na xeral, seguida da tamén lusa Marisa Barros (posto 18), e terceira Rahab Nedungu (Kenia) no posto 23. Seguironlle as portuguesas Elisabete Lopes, Claudia Pereira, Doroteia Peixoto e a keniana Mercy Cheburet, que acadou a sétima posición en féminas. Finalmente non participou a vencedora de 2007, Gladis Cherono.
Meritorio posto 21 para o local Jorge Crespo Arias (34.28), mentres ca terceiro local foi Miguel Vieito Valenzuela. En mulleres locais impúxose Flora Morais, seguida de Irma Oroña e Silvia Fadeville(Moi unida ó equipo dos veteranos de Negreira).
A destacar a nova participación do ferrolán Julián Bernal Medina, de 89 anos de idade, así como o madrileño Germán Fernández, de 75 anos.
En canto á carreira, o keniano Titus Massai de 32 anos mostrouse moi superior aos seus compatriotas, a quen abandonou no quilómetro 8 da subida polo pavillón de Pedra Mámoa. A tenor dos expertos en carreiras populares, poucas veces viuse en Galicia a un atleta de semellante nivel con tempos inferiores a 28 minutos nos 10.000 metros e a tres mil metros de altitude. O campión de 2.008 procede dunha aldea de Kenia con moita pobreza, mentres ca portuguesa Dulce Félix, é a vixente campiona de Portugal en 6.000 metros, o que fala do gran nivel acadado nesta nova edición dunha proba ca o ano que ven cumprirá os seus 30 anos de vida.
CLASIFICACCIÓN ABSOLUTA
CLASIFICACCIÓN BENXAMIN-ALEVIN
CLASIFICACCIÓN INFANTIL-CADETE-XUVENIL
PREMIOS
FOTOS

No hay comentarios :