lunes, 22 de septiembre de 2008

ZONA BASI

Benvidos queridos amigos bloggeiros e seguidores do equipo de Veteranos de Negreira. Un ano máis nos dispoñemos a iniciar unha nova andadura na división de honor na que nos atoparemos con vellos amigos e tamén con outros novos, aínda que xa coñecidos, aos que damos a benvida. Son o caso do Automi Rec. Barbanza, o Terra de Xallas e o Clube Deportivo USC aos que saludo especialmente.
Como todos os anos, había xa gañas de empezar a competición, uns querendo demostrar que aínda poden e outros querendo amosar que esto é pan comido.
Aínda que a realidade é moi distinta. Os anos pasan por todos e a competición segue a ter un certo nivel que esixe físico, clase e sobre todo..... veteranía. E, aínda que desto último pensarán que poden presumir todos, o certo é que algúns nunca a alcanzarán a pesares de que os anos pasan por eles de igual xeito que para os outros.
Tocounos este ano principiar cun clásico desta competición, o Pepe Noia, nunha tarde de tremenda calor que supuso un esforzo extra para os dous equipos. Antes de empezar, o primeiro contratempo. Pedraza que estaba predestinado a saír pola banda dereita tivo que deixar o seu posto a Moreno debido a unha pequena lesión recente nun entrenamento.
Foi Nando o que tivo o honor de inaugurar o marcador desta temporada cun gol de penalty cometido sobre Víctor nunha xogada de pillo na que lle arrebatou a bola ao defensa e ao porteiro. Desta maneira rematou a primeira parte na que levamos o peso do partido no que se produciron varias chegadas con certo perigo.
Un novo gol de Alfonso nun contrataque ben levado por Paco ampliaba a vantaxe na segunda parte, o que parecía xa que case definitivo pois o equipo local atopábase cun home menos froito da expulsión na xogada do penalty.
Pero os cambios na medular provocaron un baixón físico que lle deu alas aos locais e conseguiron, por mediación de Oscar, acurtar distancias.
Ao final, sufrindo, logramos acadar os tres puntos e ter unha semana tranquila na que o novo míster, Cobas, deberá pensar en cómo mellorar certas cousas.
No que respecta aos outros resultados, cabe destacar o forte inicio do Alambique que esmendrellou ao Clube Deportivo USC cun amplo resultado de 5-0 no que Gelucho lle sacou as telarañas á portería nun gol dende fora da área. Tamén cabe destacar a derrota do Casa Barqueiro na casa fronte ao Cuntis no estreno do novo campo de Brión.
O Maderas Ramos tamén empezou gañando 4-2 fronte ao Guadalupe. Por certo que, salvo cambios de última hora, o partido será no Anfield de Agrón que verá novamente fútbol de alto nivel.

No hay comentarios :