viernes, 20 de junio de 2008

FÍN TEMPADA 2007-2008


O pasado 7 de Xuño celebrouse no incomparable marco do refuxio de Cobas a comida de fín de tempada á que asistiron máis de medio cento de persoas . Como novidade este ano foron convidados á mesma os integrantes do equipo de 2ª autonómoca do Agrón , co que tan boas relacións entablamos e que se está a convertir nun viveiro de novos veteranos . Non faltou o típico churrasco e os criollos do que se dou boa conta , o remate, a entrega de trofeos e os discursos , onde se desvelou que na dirección técnica vai a haber novidades , xa que Cobas trala grave lesión deste ano , deixa a práctica do fútbol ,e vai a asumir as rendas do banquiño , nas suas primeiras palabras xa deixou ben ás claras que o eixo principal do seu equipo vai ser Alfonso , así que xa sabedes os demáis que vades ter que traballar duro este verán se queredes que o novo mister conte con vós . Esto vai dar moito que falar , xa que moitos pensan que este xogador é unha aposta moi arriscada do novo mister , pois consideran que a súa traxectoria como fútbolista comenzou unha costa a abaixo , esperemos que peche a boca ós seus detractores e efectivamente asuma o rol que lle esta a poñer o mister e a presión non faga mella no bo de Alfonso , e sexa a alma do equipo.
XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOS DO EVENTO NO SEU APARTADO CORRESPONDENTE

No hay comentarios :