martes, 13 de mayo de 2008

Lalín 2 - Negreira 4


Coa competición xa chegando ao punto final, Javier que exerceu de trainer esta fin de semana ante a delegación de funcións exercida de facto polo titular Antenas tivo problemas para confeccionar un once con garantías na visita a Lalín.
O que ocorre é que á vista de cómo se presentou o equipo local (con oito xogadores no seu inicio, aínda que logo se sumarían dous máis) o noso non parecía nin de lexos un problema.
Aínda así, con superioridade numérica clara durante 20 minutos, non fomos quén de abrir a lata. Tiñamos o control do xogo e do balón pero escollíamos as opcións incorrectas en todos os ataques. Unha e outra vez nos atopábamos coa nosa propia inoperancia e coa falta de resolución nos últimos metros.
O primeiro gol, obra de Julián a pase de Maga, non chegou ata mediada a primeira media hora de partido nunha xogada ben trenzada nos últimos metros.
Pero este gol pronto se veu contrarrestado por un zambombazo de Monti que pillou a Moreno moendo no muíño. E claro, non se pode estar moendo no muíno e botando a auga ao mesmo tempo (non teño moi claro se o refrán dicía algo asi…..). No seu descargo hai que dicir que o gol foi consecuencia dun claro erro noso ao despexar o balón.
Deste xeito, con empate a un gol, rematou a primeira parte e cun panorama nada claro. O partido, lexos de estar encarrilado ou dominado, estaba demaxiado aberto tendo en conta o desequilibrio claro que experimentaba o equipo local froito das baixas.
Na segunda parte, máis do mesmo. O banquillo reaccionou e optou por un cambio táctico tras a incorporación de Berdullas á portería. Moreno situouse de interior dereito e esta opción incorporou potencial atacante por esta banda. Froito das numerosas entradas pola dereita, chegaría o segundo gol obra do propio Moreno tras un rechace do porteiro local nunha xogada que fou moi contestada polo equipo do Lalín por considerar como falta un salto de Santi. Ao meu xuizo, Santi non pretendeu estorbar ao porteiro aínda que tratándose deste xogador é complicado aventurar o que pasou polos seus miolos neses intres.
Cando parecía que o partido ía ter un desenvolvemento tranquilo ata o pitido final, o Lalín necesitado de puntos e cun plus de valentía botouse ao ataque. Tras un par de ocasións mal finiquitadas polos seus atacantes, esta vez o que se atopou plantando patacas foi Berdullas a quén pillou a contra pé un remate dende media distancia que se colou por riba do noso porteiro.
Convirtíuse deste xeito o partido nun partido de poder a poder no que o Lalín traía unha inercia atural tras lograr poñerse por diante no marcador e o Negreira que non estaba disposto a tirar pola borda o esforzo feito ata ese momento.
Este foi o momento no que demostramos o por qué da nosa traxectoria nesta liga. Tras varias incorporacións da xente da retaguardia, nunha xogada ben levada por Julián pola banda esquerda e centrada maxistramente foi rematada por quen esto escribe con grande acerto non exento de calidade na área pequena.
Este gol acabou de afundir ao Lalín que xa véndose derrotado nada puido facer ante o postreiro gol de Julián cando faltaban dous minutos para o final do partido.
Cómpre destacar a grande actuación de Pablito que trouxo de cabeza á defensa rival nas dúas metades.
En definitiva, partido que serveu para volver á senda da victoria despois de varias xornadas que nos consolida e nos confirma de xeito definitivo na cuarta praza que probablemente nos sepa a pouco logo dunha temporada na que levantamos moitas expectativas.
Agardamos que a esta traxectoria se confirme a vindeira campaña e nos permita aspirar ata o final a outras metas.
Queremos tamén facer un chamamento dende este blog para que a xente acuda ao último partido fronte ao Alambique en Calo para dar batalla. Pensemos que este equipo aínda está en disposición de poder alzarse co título e non queremos ser obxecto de especulacións de xente que poida pensar que queremos adulterar a competición.

1 comentario :

Anónimo dijo...

LA SEMANA DE CHITO:

Desde aquí mandar mis más sinceras disculpas a todos mis seguidores por tener abandonada mi sección en estos ultimos días(aunque no sirva de excusa porque sabeis que me debo y me desvivo por mi gente)pero sabeis que entre el curro y los examenes de la carrera apenas me queda tiempo para seguir disfrutándo con vosotros.

Desde aquí,una vez dicho esto pediros con todas mis fuerzas a todos mis seguidores y no seguidores que el domingo acudan a las 6 de la tarde a apoyar al Agrón en la finalisíma de la Copa de Ames que jugaremos en el campo de hierba artificial de Bertamirans contra el propio Bertamirans.

Pues eso,desde aqui rogaros que acudais y que ayudeis a este gran equipo que es el Agrón que como todos sabeis es el filial de los Veteranos.

AUPA AGRON, AUPA VETERANOS
YOU NEVER WALK ALONE